Saltar ao contido

Gala Placidia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGala Placidia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Galla Placidia Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento386 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 450 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoléu de Gala Placídia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Roman Empress (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperatriz consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaTheodosian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAtaúlfo
Constâncio III Editar o valor en Wikidata
ParellaEucher Editar o valor en Wikidata
FillosTeodósio
 () Ataúlfo
Justa Grata Honória
 () Constâncio III
Valentiniano III
 () Constâncio III Editar o valor en Wikidata
PaisTeodosio I Editar o valor en Wikidata  e Gala Editar o valor en Wikidata
IrmánsArcadio
Flavio Honorio Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
A Cyclopaedia of Female Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1431777 WikiTree: Placidia-1 Find a Grave: 40213995 Editar o valor en Wikidata
Gala Placidia nunha moeda acuñada polo seu fillo Valentiniano III. No reverso, a Cruz cristiá.

Elia Gala Placidia (en latín, Aelia Galla Placidia), coñecida como Gala Placidia, nada en Tesalónica en 388 e finada en Roma o 27 de novembro de 450, foi unha nobre romana, filla do emperador Teodosio I (quen reinou do 378 ao 395) e da súa segunda esposa Gala. Era neta por parte materna de Valentiniano I, emperador de Occidente, e sobriña de Graciano e Valentiniano II.[1] Os seus medio irmáns, Honorio e Arcadio, foron emperadores das partes occidental e oriental do imperio romano, respectivamente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Trala morte do seu pai no ano 395, permaneceu en Roma xunto á súa tía Constancia, filla do emperador Constancio II e esposa do emperador Graciano. Cando se produciu o saqueo de Roma, os visigodos tomárona como refén e finalmente casou con Ataúlfo, cuñado do rei Alarico.

Coroado Ataúlfo como rei dos visigodos, tivo un fillo con el que faleceu aos poucos meses. Viúva, foi devolta ao seu irmán Honorio, que lla prometeu ao xeneral Constancio III, o cal foi asociado ao goberno do Imperio Romano de Occidente (417). Deste segundo matrimonio tivo dous fillos: Valentiniano III e Honoria. Morreu no 450, despois de gobernar en nome do seu fillo como rexente desde 423 até 437.

En Rávena construíu dúas basílicas. Unha dedicada a San Xoán o Bautista e a outra á Santa Cruz. Da segunda só sobrevive o oratorio de San Lourenzo, coñecido como Mausoleo de Gala Placidia. En Roma finalizou a basílica de San Xoán Laterano, hoxe Letrán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fuentes Hinojo, Pablo (2004). Gala Placidia: una soberana del imperio cristiano (en castelán). San Sebastián: Editorial Nerea. ISBN 84-89569-98-3. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Fuentes Hinojo 2004, p. 13