Galicia Industrial y Comercial
Galicia Industrial y Comercial | |
---|---|
País | España |
Lugar | A Coruña |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1926 |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia Industrial y Comercial foi unha revista editada na Coruña de 1926 a 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu en abril de 1926. Fundada por Ernesto de Cádiz Vargas, constaba de 36 páxinas e tiraba 1.000 exemplares. Foron os seus directores Ramón Cueto Noval, Leopoldo Hernández Robredo e Joaquín Martín Martínez. Comprometida coa modernización de Galicia e centrada no eido económico, abarcou temas de industria, navegación, comercio, agricultura, finanzas, actualidades, artes e ciencias. Das ilustracións foron autores Ramón Torrado, Carlos Sobrino Buhigas, Castelao, Álvaro Cebreiro e Camilo Díaz Baliño. A partir de 1931 incluíu de traballos literarios de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Abelenda Zapata, Carlos Martínez-Barbeito e Roberto Blanco Torres. Desapareceu en xuño de 1936, o seu último director, Joaquín Martín, foi fusilado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia Industrial y Comercial". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio (2005). "Galicia Industrial y Comercial". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 228–229. ISBN 84-8288-137-X.