Saltar ao contido

Carlos Martínez-Barbeito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Martínez-Barbeito
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de abril de 1997 Editar o valor en Wikidata (83/84 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
NaiMaría Barbeito Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel Martínez-Barbeito Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX996011 BUSC: martinez-barbeito-carlos-1913-1997 Dialnet: 2452906


Xuño de 1931. De esquerda a dereita: Juan González del Valle, Arturo Cuadrado e Carlos Martínez-Barbeito.

Carlos Martínez-Barbeito Morás, nado na Coruña en 1913 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1997, foi un escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi neto do historiador Andrés Martínez Salazar e do tipógrafo e poeta Avelino Barbeito, fillo da pedagoga e escritora María Barbeito e de Juan Martínez Morás e irmán do empresario e construtor Juan María Martínez-Barbeito (n. 1911)[1][2] e mais da arquiveira e bibliotecaria do Concello da Coruña Isabel Martínez-Barbeito (n. 1918).

Cursou estudos de Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde coñeceu a Federico García Lorca na visita que fixo a Galicia en 1933. Este encontro convenceuno para trasladarse a Madrid. Alí licenciouse en Dereito e contactou cos principais intelectuais da época.

En abril de 1939, poucos días despois da entrada das tropas franquistas en Madrid e do final da guerra civil, Carlos Martínez Barbeito xunto cos escritores Félix Ros e Carlos Sentís, identificándose como membros do Servicio Nacional de Prensa y Propaganda do novo réxime, entraron no piso de Juan Ramón Jiménez e Zenobia Camprubí, no número 38 da rúa Padilla e intimidaron a persoa que quedara ao coidado da casa, rexistraron e requisaron canto quixeron, sen dar explicacións nin dar rexistro do confiscado, no que foi un verdadeiro saqueo.[3][4] Martínez Barbeito diría que se xuntara con ese grupo "espontáneamente" sen ter que ver co resto do grupo e que a súa participación no suceso era para consevar o requisado «por manos cuidadosas»[5] Entre o roubado figuraba o diario de Marga Gil, que empezara a saír no diario ABC en febreiro de 1997[6], meses antes da morte de Martínez Barbeito; aínda segue desaparecido o orixinal do debuxo que Daniel Vázquez Díaz fixo en 1916 de Juan Ramón Jiménez e que en 1980 ilustraría o billete de 2000 pesetas.[7]

Despois da guerra civil española traballou como crítico literario de Radio Nacional de España en Barcelona e foi secretario xeral da Metro-Goldwyn-Mayer en España. De volta en Madrid, desempeñou cargos relacionados coa cultura en Televisión Española. En 1968 foi nomeado director do Museo de América, cargo que ocupou ata 1980.

Regresou á Coruña, onde foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes entre 1984 e 1988. Foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega.[8] En 1974 ingresou na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación cun discurso sobre a fundación do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña no ano 1760 no inicio do reinado de Carlos III[9]

A súa paixón pola lectura levouno a reunir unha biblioteca de 13.000 obras. Na actualidade a Biblioteca Carlos Martínez Barbeito está despositada na Fundación Barrié: conta con algo máis de 11.000 volumes de obras relativas a Galicia, impresas en Galicia ou de autor galego, e cronoloxicamente a biblioteca abrangue títulos dos séculos XVI a mediados do XX.[10]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1946 casou con Ana María Álvarez de Sotomayor y Castro, filla do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor.[11][12]

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Cuartilla, 1932.
Tumba de Carlos Martínez-Barbeito no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
  • Consideraciones sobre lo humano, lo clásico y lo lírico en la poesía de Lope de Vega, 1940.
  • Unos parentescos insospechados (entre Rosalía de Castro, Concepción Arenal y Emilia Pardo Bazán), 1950.
  • Macías el Enamorado y Juan Rodríguez del Padrón, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951.
  • Galicia, Ediciones Destino, 1957.
  • Noticia genealógica de D. José Cornide, 1959.
  • Informaciones genealógicas del Archivo Municipal de La Coruña, 1959.
  • Escudos reales, municipales y nobiliario de La Coruña y su tierra, 1967.
  • Vida y leyenda de San Pedro de Mezonzo, 1968.
  • Colmeiro, 1975.
  • Mariñán; San Salvador de Bergondo; Bergondo, 1978.
  • Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña, 1978 (434 páxinas).
  • El auto gallego en la historia, en los tratadistas y en la práctica forense, 1984.
  • El escudo de La Coruña, 1985 (artigo na Revista del Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses).
  • Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña, 1986 (807 páxinas).
  • Historias de familia: (Líneas Reales), 1990.
  • Bibliografía gallega de genealogía y heráldica, 1995.
  • La Coruña a vista de gaviota y a ras de tierra, 1998 (editado postumamente con fotografías de Carlos Picallo).
  1. Carlos Fernández (11 de novembro de 2002). "El constructor de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-02-14. 
  2. Alonso, Jose Carlos (2018-02-19). "Viviendas de Claudio y cine en la calle Vales Villamarín de A Coruña – Años 60 – Juan María Martínez-Barbeito, ingeniero". As Xubias Os Castros A Gaiteira (en castelán). Consultado o 2023-02-23. 
  3. Alarcón Sierra, R. (2006). "Juan Ramón ante la guerra". En Javier Blasco e Antonio Piedra. Juan Ramón Jiménez. Premio Nobel 1956 (PDF). Madrid: Residencia de Estudiantes/Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales. p. 357. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de febreiro de 2023. Consultado o 09 de febreiro de 2023. 
  4. Fernández, Víctor (10 de febreiro de 2022). "Juan Ramón Jiménez y los tres ladrones: el misterio del cuadro desaparecido". La Razón (en castelán). Consultado o 2023-02-09. 
  5. González Ródenas, Soledad (2005). Juan Ramón Jiménez a través de su biblioteca: lecturas y traducciones en lengua francesa e inglesa (1881-1936) (en castelán). Universidad de Sevilla. ISBN 978-84-472-0866-1. 
  6. Palau de Nemes, Graciela (2004). "Nuevos datos inéditos sobre el suicidio de la escultora Marga Gil Roësset (1908-1932) por amor a Juan Ramón Jiménez". En Juan de la Cuesta. Actas del XIV Congreso de la Asociación Internacional de Hispanistas: New York, 16-21 de julio de 2001 (PDF). Madrid: Centro Virtual Cervantes. pp. 413–418. 
  7. "El retrato de Juan Ramón Jiménez que se perdió para siempre por Víctor Fernández • Mirador de les arts,". Mirador de les arts, (en castelán). 2020-08-24. Consultado o 2023-02-16. 
  8. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 
  9. "La fundación del Ilustre Colegio de Abogados de La Coruña" (PDF). Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  10. "Fundación Barrié". fundacionbarrie.org. Consultado o 2023-02-14. 
  11. "Ana María, hija del pintor" Museo do Prado (en castelán).
  12. Siro (8/9/2013). "Sotomayor" La Voz de Galicia.
  13. En 2004 foi incluída na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]