Galicia Literaria (Ourense)
Aparencia
Galicia Literaria | |
---|---|
País | España |
Lugar | Ourense |
Fundación | 15 de marzo de 1883 |
Descrito por | Diccionario da literatura galega |
Circulación | |
Frecuencia | 1 mes |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Literaria.
Galicia Literaria foi unha revista mensual editada en Ourense de 1883 a 1884.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista de Ciencias, Artes y Literatura, apareceu o 15 de marzo de 1883. Tomou o nome da asociación La Galicia Literaria, un parladoiro que fundou Teodosio Vesteiro Torres en Madrid en 1875. Dirixida por Xoán Neira Cancela, contou coa colaboración de José María Posada, Luís Taboada, Manuel Lago González (Silvio), González Ubiña, José Tresguerras Melo, Leonardo Mármol Fernández, Nicolás Taboada Fernández, Rogelio Civeira, Filomena Dato, Francisco Añón, Benito Vicetto, Emilia Calé, Alberto García Ferreiro e Emilia Pardo Bazán. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Antonio Otero. Cesou a súa edición co número 26 o 15 de xullo de 1884.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.