Saltar ao contido

La Galicia Literaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Galicia Literaria
Tipoasociación cultural
Data de fundación1875
SedeMadrid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Acta de fundación e actas das reunións da sociedade Galicia Literaria.

Galicia Literaria[1] foi unha asociación de galegos residentes en Madrid con inquietudes literarias activa entre 1875 e 1876.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Fundada polo poeta vigués Teodosio Vesteiro Torres, a primeira reunión celebrouse o 20 de setembro de 1875. O obxectivo principal da Asociación, segundo os seus estatutos, era:

...Estrechar más y más sus vínculos de afecto, estimularse mutuamente al cultivo de las Bellas Letras, y constituir un centro de buenos gallegos que trabajasen aquí (en Madrid) por la honra y prosperidad del país en la esfera propia de sus facultades.[1]

O seu primeiro presidente foi Francisco Añón e o secretario, o fundador Teodosio Vesteiro Torres. Reuníanse en sesións ordinarias os días 10, 20 e 30 de cada mes, e realizaban algunhas reunións extraordinarias con motivo da celebración dalgunha efeméride destacada de índole cultural. Nestas sesións falábase e discutíase de literatura e os membros lían os seus traballos ao resto dos compañeiros. Desta asociación saíron algunhas publicacións.

En xaneiro de 1876 realizouse un engadido ás bases para extrapolar os seus obxectivos ao ámbito das Ciencias.

A diferenza de caracteres e ideoloxías políticas xerou algunhas disensións no seo da asociación que provocaron a súa disolución. O incidente máis grave produciuse cando algúns membros, entre eles Manuel Curros Enríquez e Jesús Muruais, propuxeron a publicación dun libro titulado Los gallegos pintados por sí mismos, unha especie de recompilación de tipos galegos. Andrés Muruais e Francisco Añón rexeitaron a idea, argumentando que a natureza da obra prestábase a mostrar unha Galicia estereotipada e polo tanto a imaxe que o libro puidese dar sería moi negativa. Esta disputa case chega ás mans. Dende ese día a asociación foi a menos e Teodosio Vesteiro Torres escribiu a última anotación no libro de actas o 30 de xaneiro de 1876[2].

Nome Datos Sinatura Imaxe Obra destacada
Teodosio Vesteiro Torres (Vigo, 12/6/1847 - Madrid, 12/6/1876) Galería de gallegos ilustres
Francisco Añón Paz (Outes, 9/10/1812 - Madrid, 20/4/1878) Poesías gallegas y castellanas
Manuel Curros Enríquez (Celanova, 15/9/1851 - A Habana, 7/3/1908) Aires da miña terra
Celso García de la Riega (Pontevedra, 26/8/1844 - Pontevedra, 3/2/1914) Colón pontevedrés
Andrés Muruais Rodríguez (Pontevedra, 20/11/1851 - Pontevedra, 21/10/1882) La hija del timonel
Jesús Muruais Rodríguez (Pontevedra, 23/12/1852 - Pontevedra, 1903) Cuentos soporíferos
Luís Taboada Coca (Vigo, 6/10/1848 - Madrid, 18/2/1906) Afinador y mártir
Arturo Vázquez Núñez (Ourense, 15/11/1852 - Ourense 2/3/1907) Iglesias románicas de la provincia de Orense
Emilia Calé Torres (A Coruña, 12/2/1837 - Madrid,18/9/1908). Crespusculares
José Novo García (Ferrol ?? - A Coruña 18/10/1898)[3] Por Galicia (cuartillas y apuntes)
Cecilio Gómez Labrada
Emilio Núñez Couto
Victorino Novo García (Ferrol ?? - A Coruña 26/11/1899) Historia de Ferrol
Evaristo Vázquez Reyes
Felipe Neri Vázquez Vázquez
Lorenzo Gómez Quintero Morado (?? - Madrid 23/11/1906) La escritura y la imprenta desde sus primitivos tiempos
Juan Benito Álvarez Mera La Juventud Católica de Tuy (revista)
Manuel Rey de Rey
  1. 1,0 1,1 "Acta de fundación y actas de las reuniones de la Sociedad Galicia Literaria". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de agosto de 2015. 
  2. Ramos González, José Manuel (2013). Inéditos Deputación Provincial de Pontevedra, ed. Andrés Muruais. El díscolo bardo del Lérez. 
  3. Enciclopedia Galega Universal. Edit. Ir Indo. Vigo 2002. ISBN 8476802889

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]