Galiza Ano Cero
Aparencia
Galiza Ano Cero | |
---|---|
Inicio das emisións | outubro de 2013 |
País | Galicia |
Lingua | Galego |
Área de emisión | Galicia |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT |
Galiza Ano Cero é unha canle de televisión dixital galega que comezou as súas emisións en outubro de 2013.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Galiza Ano Cero é unha televisión de contido cultural e político de emisión regular e esporádica: en 2013, cando comezou as súas emisións, emitía unicamente programas novos o xoves. Ideoloxicamente defínense como "de abaixo á esquerda", e os seus contidos son fundamentalmente debates e entrevistas.
Os seus responsables están constituídos nunha asociación cultural, e o financiamento inicial proveu dunha campaña de crowdfunding. Unha das súas caras visibles é o xornalista Iago Martínez.
En 2014 conseguiu o Premio Luceira de comunicación social, xunto a Galiza Contrainfo e a revista feminista Andaina.[1]