Galiza Livre
Aparencia
Galiza Livre | |
---|---|
Tipo | Xornal dixital |
Fundación | 2001 |
Tendencia | Independentismo galego, Anticapitalismo |
Lingua | lingua galega |
Na rede | |
https://www.galizalivre.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galiza Livre é un xornal electrónico alternativo galego. Publícase en galego reintegrado desde 2001 cunha liña editorial independentista e anticapitalista.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Apareceu na rede en marzo de 2001 e comezou a se publicar o 25 de xullo, Día Nacional de Galiza.[2] Tiña como lema «Informaçom livre e sem mordaças».[1] En 2005 sofreu un ataque informático que destruíu tanto a páxina como tódolos seus contidos, de xeito que se mantivo en formato blog até 2010, cando presentou un novo web.[2] En 2011 editou varios números semanais co subtítulo de Semanário galego de informaçom sem mordaças.[3] En 2014 interrompeu a súa publicación mais reapareceu no ano 2017.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Sobre nós". Galiza Livre.
- ↑ 2,0 2,1 "Nove anos e nova imaxe para Galizalivre.org". Vieiros.
- ↑ "Galiza Livre n007". Calameo.