Game Boy Light
A Game Boy Light (en xaponés: ゲームボーイライト) é unha videoconsola portátil de Nintendo que saíu á venda unicamente no Xapón en abril de 1998. Ao igual que a Game Boy Pocket, a consola tiña un prezo de 6.800 iens.[1] É case do mesmo tamaño que a Pocket e ten unha luz de fondo parcialmente azulada para condicións de pouca luz. Utiliza dúas pilas AA, que lle dan aproximadamente 20 horas de autonomía coa luz apagada e 10 cando está acesa.[2]
A Game Boy Light é a máis rara da saga Game Boy, podéndose comprar case unicamente por importación dende o Xapón durante 1998. Foi a única consola de Nintendo producida con pantalla alumada ata a saída da Game Boy Advance SP en 2003.
Especificacións técnicas
[editar | editar a fonte]Tamaño | Aproximadamente 80 mm x 135 mm x 27 mm (An x Al x Pr) |
---|---|
Peso | Aproximadamente 138 g |
Pantalla | Pantalla reflectante supertrenzada nemática (STN) de cristal líquido (LCD) |
Tamaño de pantalla | 50 mm por 45 mm |
Fotogramas por segundo | 59.727500569606 Hz |
Enerxía | 6 V, 0.7 W (2× pilas AA) |
Duración das pilas | Aproximadamente 10 horas de xogo (coa luz acesa)[2] Aproximadamente 20 horas de xogo (coa luz apagada)[2] |
CPU | Zilogic Z80 a 4.194304 MHz |
Memoria | 64 KB espazo de direccións incluíndo:
ROM de arrinque de 256 bytes no chip; cartuchos de 32 KB, 64 KB, 128 KB, 256 KB, 512 KB, 1 MB, 2 MB, 4 MB e 8 MB. |
Resolución de pantalla | 160 (ancho) × 144 (alto) píxeles (10:9 relación de aspecto) |
Soporte de cor | 2 bits (catro tons de "cinsentos": claro a moi escuro)
|
Son | Procesador PSG de Estéreo FM de 4 canles |
Entrada |
|
Edicións especiais
[editar | editar a fonte]Os primeiros dous modelos que saíron á venda foron as versións dourada e prateada. Un pouco máis tarde saíron seis edicións especiais e limitadas, que son:
- Game Boy Light Clear Red: Tezuka Osamu World Shop.[3]
- Game Boy Light Astro Boy: Tezuka Osamu World Shop.[4]
- Game Boy Light Pikachu Yellow: Pokémon Center Tokio. Como o seu propio nome indica, esta versión vendeuse só na única tenda Pokémon Center que había por aquel entón, en Tokio.[5]
- Game Boy Light Clear Yellow: Toy's 'R' Us.[6]
- Game Boy Light Famitsu Skeleton. Existen dúas versións, aínda que a consola é exactamente a mesma nas dúas. Por unha banda está a edición de encarga e por outra a edición de evento. A primeira conseguíase comprándoa por correo e a segunda nun evento especial realizado no barrio xaponés de Akihabara.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Game Boy Lights Up". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (105): 26. Abril de 1998.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Game Boy Light. Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. Retromaquinitas.com.
- ↑ Tezuka Osamu World Shop. Consolevariations.com.
- ↑ Astro Boy: Tezuka Osamu. Consolevariations.com.
- ↑ Pokemon Center Pikachu. Consolevariations.com.
- ↑ Clear Yellow. Consolevariations.com.
- ↑ Nintendo Game Boy Light Clear Famitsu Console. Consolevariations.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Game Boy Light |