Saltar ao contido

Game of Thrones (tempada 3)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terceira tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios10
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal31 de marzo do 2013- 9 de xuño de 2013
Cronoloxía
Game of Thrones (tempada 2) Terceira tempada de Game of Thrones Game of Thrones (tempada 4)

A terceira tempada da serie de televisión Game of Thrones estreouse o 31 de marzo de 2013 na canle HBO.[1] A HBO renovou a serie para a terceira tempada o 10 de abril de 2012, nove días despois da estrea da segunda tempada. A produción comezou en xullo de 2012.

Como as outras dúas tempadas, a terceira consta de dez episodios. Está baseada na primeira metade de A Storm of Swords, o terceiro libro da saga de novelas A Song of Ice and Fire creada por George R. R. Martin, da cal a serie é unha adaptación.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Elenco principal

[editar | editar a fonte]
Emilia Clarke
(Daenerys Targaryen)
Natalie Dormer
(Margaery Tyrell)
Isaac Hempstead Wright
(Brandon "Bran" Stark)
Rose Leslie
(Ygritte)

Elenco convidado

[editar | editar a fonte]
Thomas Sangster (Jojen Reed)
Alén do Muro
No norte
Nas Illas do Ferro
Nas Terras dos Ríos
En Desembarco do Rei
Na Baía dos Escravos
No mar e en Rocadragón

Os músicos Will Champion de Coldplay e Gary Lightbody de Snow Patrol fan un cameo nesta tempada.[3]

"Little Bart" foi o oso contra o que loitou Brienne no foxo de Harrenhal.[4]

Episodios

[editar | editar a fonte]
N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título orixinal[5] Director(es)[6] Guionista(s) Data da estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)
211 "Valar Dohaeris"
«Valar dohaeris»
Daniel MinahanDavid Benioff e D. B. Weiss31 de marzo de 20134,366[7]

Samwell Tarly, o lord comandante Mormont e un grupo reducido da Night's Watch logran salvarse do ataque dos espectros. Jon chega ó campamento dos salvaxes e fala con Mance Rayder. Tyrion ten unha conversa co seu pai e faille unha demanda. Margaery Tyrell comeza a construír o seu camiño como futura raíña. Robb e o seu exército chegan a un devastado Harrenhal. Daenerys desembarca en Astapor e recibe varias sorpresas. 

222 "Dark Wings, Dark Words"
«Ás negras, palabras negras»
Daniel MinahanVanessa Taylor7 de abril de 20134,27[8]

Bran Stark atopa dous novos acompañantes no seu camiño ó Muro. Sansa conversa con Olenna Tyrell, quen lle pide que lle diga a verdade sobre Joffrey. Shae comunícalle a Tyrion a ameaza que significa lord Baelish para Sansa. Os salvaxes continúan a súa marcha cara ao sur, ó igual que os superviventes da Night's Watch. Robb recibe dúas malas novas e, nas Terras da Coroa, Jaime rouba unha das espadas de Brienne e intenta fuxir. 

233 "Walk of Punishment"
«O camiño do castigo»
David Benioff e D. B. WeissDavid Benioff e D. B. Weiss14 de abril de 20134,724[9]

Catelyn asiste ó funeral do seu pai en Riverrun xunto con Robb. Jon é enviado a unha importante misión xunto con Thormund Mataxigantes. Os superviventes dos irmáns xuramentados chegan á cabana de Craster. Petyr Baelish é enviado a Eyrie e Tyrion debe tomar o seu lugar como Conselleiro da Moeda. Melisandre deixa Dragonstone. Daenerys decide mercar tódolos Inmaculados e para isto fai un trato que lle custará un dragón. Theon, coa axuda dun descoñecido, logra escapar. Jaime intenta mercar ós seus captores, pero as negociacións terminan moi mal. 

244 "And Now His Watch is Ended"
«E agora a súa garda rematou»
Alex GravesDavid Benioff e D. B. Weiss21 de abril de 20134,87[10]

Jaime Lannister rouba unha espada e intenta escapar dos seus captores. Varys conversa con Olenna Tyrell sobre o perigo que constitúe Petyr Baelish para todos. Joffrey descobre que non é odiado polo seu pobo e lady Margaery proponlle a Sansa unha unión familiar. No Norte, os superviventes da Night's Watch atacan a Craster. Arya Stark é levada ó agocho da Irmandade sen Estandartes, onde acusan a Sandor Clegane de asasinato. Daenerys entrega un dos seus dragóns en troques do exército de Inmaculados e acaba cos escravistas con el. 

255 "Kissed by Fire"
«Bicada polo lume»
Alex GravesBryan Cogman28 de abril de 20135,349[11]

Sandor Clegane é xulgado nun xuízo por combate contra Beric Dondarrion, que case logra vencelo, pero que acaba morto. Jon Snow enfróntase a Orell nunha discusión sobre as forzas apostadas no Muro e, posteriormente, el e Ygriette teñen sexo nunhas covas. Jaime e Brienne de Tarth chegan a Harrenhal, onde por orde de lord Bolton o primeiro é sandado por Qyburn. Ó ser traizoado por un dos seus abandeirados, Robb Stark vese no dilema entre a súa honra e o seu beneficio. Stannis Baratheon visita á súa muller Selyse e a súa filla, a princesa Shireen. Daenerys chega a coñecer mellor ós seus soldados. Tyrion e Cercei descobren que o seu pai ten pensado un casamento para cada un. 

266 "The Climb"
«O ascenso»
Alik SakharovDavid Benioff e D. B. Weiss5 de maio de 20135,5[12]

Samwell Tarly e Gilly continúan o seu camiño ó Muro. Osha e Meera Reed intentan facer as paces. Melisandre chega ó agocho da Irmandade sen Estandartes e leva prisioneiro a Gendry. Jon e o grupo de salvaxes comezan a difícil escalada do Muro. Robb logra un acordo cos Frey. Sansa descobre con moita angustia quen será o seu futuro esposo. Petyr Baelish descobre que Ros é informante de Varys e envíaa a un destino fatal. 

277 "The Bear and the Maiden Fair"
«O oso e a dona»
Michelle MacLarenGeorge R. R. Martin12 de maio de 20134,84[13]

Robb Stark recibe unha importante nova da súa esposa. Daenerys conversa cun dos gobernadores de Yunkai. Shae e Tyrion rifan sobre o seu futuro como parella. Melisandre leva a Gendry a Dragonstone. Arya escapa da Irmandade para encontrarse cun temido inimigo. Jon e os salvaxes intérnanse en territorio sureño. Jaime vaise de Harrenhal deixando a Brienne atrás, pero non por moito tempo. 

288 "Second Sons"
«Os segundos fillos»
Michelle MacLarenDavid Benioff e D. B. Weiss19 de maio de 20135,15

Arya descobre o lugar ó que Sandor Clegane a leva. Daenerys coñece á compañía de mercenarios dos Segundos Fillos. Os seus líderes formulan un plan para asasinala. Stannis libera a Davos e cóntalle os seus plans sobre sacrificar a Gendry. Tyrion e Sansa únense en matrimonio. No Norte, Samwell enfróntase a un poderoso inimigo. 

299 "The Rains of Castamere"
«As chuvias de Castamere»
David NutterDavid Benioff e D. B. Weiss2 de xuño de 20135,22[14]

Durante a voda de Edmure Tully e Roslin Frey, os Stark pretenden dar un xiro á guerra contra os Lannister. No Muro, a lealdade de Jon Snow será posta a proba e ó outro lado do mundo, Daenerys artella a súa invasión da cidade de Yunkai. 

3010 "Mhysa"
«Mhysa»
David NutterDavid Benioff e D. B. Weiss9 de xuño de 20135,393[15]

Tywin Lannister fai anuncio do suceso ocorrido na voda de Edmure Tully á corte do rei. Roose Bolton é proclamado gardián do norte. Jaime e Brienne chegan a Desembarco do Rei, Arya e Sandor Clegane atópanse cun grupo de bandidos, Bran e o seu grupo crúzanse con Samwell Tarly, Davos anuncia a Stannis os problemas no muro e Daenerys agarda pola liberación de Yunkai e os seus escravos. 

  1. Purdom, Laura (13 de xullo de 2012). "'Game Of Thrones' Season 3 Premiere Date, Casting News And More Highlights From Comic-Con Panel". The Huffington Post. Consultado o 13 de xullo de 2012. 
  2. Martin, George R. R. (11 de abril de 2012). "Season Three". Not A Blog. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  3. Hibberd, James (5 de novembro de 2012). "Coldplay drummer joins 'Game of Thrones' season 3". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2012. 
  4. Martin, George R.R. "It's the Pits". Not A Blog. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2013. 
  5. "Season Three episode titles revealed!" (en inglés). WinterIsComing.net. 28 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  6. Hibberd, James (11 de xaneiro de 2013). "'Game of Thrones' season 3 teaser, episode credits". Entertainment Weekly (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2013. 
  7. Bibel, Sara (2 de abril de 2013). "Sunday Cable Ratings: 'The Walking Dead' Wins Night, 'Game of Thrones', 'The Bible', 'Vikings', 'Shameless', 'The Client List' & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 7 de abril de 2013. 
  8. Amanda, Kondolojy (9 de abril de 2013). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night + 'Real Housewives of Atlanta', 'Kourtney & Kim Take Miami', 'Vikings', 'Mad Men' & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2013. 
  9. Bibel, Sara (16 de abril de 2013). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, 'MTV Movie Awards', 'Vikings', 'Mad Men','The Client List', 'Veep' & More". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 16 de abril de 2013. 
  10. Kondolojy, Amanda (23 de abril de 2013). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, 'NBA Playoffs', 'Real Housewifes of Atlanta', 'Vikings' & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  11. Bibel, Sara (30 de abril de 2013). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, NBA Playoffs, 'Vikings', 'The Client List', 'Mad Men', 'Veep' & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 1 de maio de 2013. 
  12. Kondolojy, Amanda (7 de maio de 2013). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night + 'Ax Men', 'Mad Men', 'Army Wives', 'The Client List' & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 15 de maio de 2013. 
  13. Kondolojy, Amanda (14 de maio de 2013). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night + 'Breaking Amish', 'Mad Men', 'Long Island Medium', 'River Monsters' & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 15 de maio de 2013. 
  14. http://tvbythenumbers.zap2it.com/2013/06/04/sunday-cable-ratings-game-of-thrones-wins-night-keeping-up-with-the-kardashians-real-housewives-of-new-jersey-breaking-amish-mad-men-more/185649/
  15. http://tvbythenumbers.zap2it.com/2013/06/11/sunday-cable-ratings-game-of-thrones-wins-night-falling-skies-mad-men-army-wives-veep-the-client-list-more-more/186683/