Garcilaso Rollán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) |
Actividade | |
Ocupación | gravador |
Garcilaso Rollán Sánchez, nado en Ávila en 1957, é un pintor e deseñador de moedas español, coñecido pola súa imaxe da catedral de Santiago de Compostela nas moedas divisionarias do euro de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Garcilaso Rollán Sánchez, gravador da Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (RCM-FNMT), de Madrid, é o autor de case medio cento de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta e do euro.[1]
En 1993 deseñou a súa primeira moeda, a de 25 pesetas dedicada ao País Vasco,[2] e durante a década de 1990 creou varias das moedas máis populares de curso legal en España co seu valor en pesetas.[1][3]
Coa Chegada do euro, o seu deseño da fachada da Catedral de Santiago de Compostela foi o escollido para os anversos da serie divisionaria de moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos de euro. De igual xeito, foi o creador de variasmoedas cinmemorativas cuñadas pola RCM-FNMT e destinadas especificamente ao coleccionismo e ao investimento.[3]
En 2003 e 2004 ocupouse tamén do deseño de tres moedas conmemorativas uruguaias dedicadas ao centenario da UEFA e ao Campionato Mundial de Fútbol de Alemaña en 2006, cuñadas na ceca pública española.[3][4]
Escolma de traballos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Garcilaso Rollán Sánchez". Conoce tu moneda.
- ↑ "5 Pesetas Murcia. Numista.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Moedas deseñadas por Garcilaso Rollán. Numista.com
- ↑ "Monedas de la República Oriental del Uruguay". Monedasuruguay.com
- ↑ "5 Pesetas Murcia. Numista.com
- ↑ "25 Pesetas Basque Country. Numista.com
- ↑ "50 Pesetas Juan de Herrera. Numista.com
- ↑ "100 Pesetas - Juan Carlos I Year of Older Persons. Numista.com