Garza imperial
Aparencia
Garza imperial | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Garza imperial. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Ardea purpurea' (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||
Área de distribución da garza imperial. Amarelo: nidifica; verde: todo o ano; azul: non nidifica.
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Ardea purpurea purpurea |
A garza imperial ou garza vermella (Ardea purpurea) é unha ave da familia das garzas (Ardeidae). É nativa de África, Europa meridional e central e Asia. As poboacións europeas son migratorias e hibernan en África. As poboacións do norte de Asia tamén migran cara terras máis meridionais.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Segundo os autores, hai de tres a catro subespecies:
- Ardea purpurea purpurea Linnaeus, 1766. Nativa en África, Europa e Asia.
- Ardea purpurea bournei (de Naurois, 1966), Garza de Bourne. Nativa de Cabo Verde (para algúns autores inclúese dentro da subespecie purpurea, pero para outros trátase dunha especie distinta coñecida como Ardea bournei).
- Ardea purpurea madagascariensis Oort, 1910. Nativa de Madagascar.
- Ardea purpurea manilensis Meyen, 1834. Nativa de Asia dende Paquistán ata Filipinas e Indonesia. Tamén se pode atopar en Rusia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Subespecie Ardea purpurea manilensis en Indonesia.
-
Adulto con crías no Lago Baringo, Kenya.
-
Voando na lagoa de Venecia, Italia.
-
Parella de garzas imperiais con crías no río Manych, Rusia.
-
Museum specimen