Gehenna
Aparencia
Gehenna ou Guehenna[1] (en grego: Geena (Γεέννα); en hebreo: Gai Ben Hinnom (גהינום, vale de Hinón) é o inferno ou purgatorio para a fe xudaica, para a cal se trataría dun lugar de purificación para o malvado[2], no que a meirande parte dos castigados permanece até cumprido un ano, malia que tamén pode ser pola eternidade. O nome deriva dun val próximo a Xerusalén, o val de Hinón, identificado de forma metafórica coa entrada ao mundo da punición na vida futura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A EGU, v.9, p.502, define Gehenna ou Guehenna como "lugar de castigo dos culpables despois da morte, no Novo Testamento e entre os rabinos. O costume de dar este nome (que deriva do val de Hinnon, ó S de Xerusalén), ó inferno, radica no feito de que naquel val se sacrificaban os neonatos a Moloc e que, despois do exilio, se converteu nun queimador de lixo." Tamén O DEGU (v.30, p.84.) admite ambas as formas e outórgalles unha acepción moi semellante á anterior.
- ↑ Entrada sobre o concepto de purgatorio para os xudeus na versión en liña da Jewish Encyclopedia (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Valley of Hinnom na Columbia Encyclopedia (en inglés).
- Entrada "Gehenna" na Jewish Encyclopedia (1901-1906) (en inglés).