Gelria
Gelria | |
---|---|
![]() Foto promocional de Gelria nas Illas Sisargas. | |
Orixe | A Coruña, Galicia |
Período | 2014 - |
Xénero(s) | World Music |
Selo(s) discográfico(s) | Autoeditado |
Membros | Elena Tarrats Federico Mosquera Mario G. Cortizo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Gelria é un grupo de música galega creado no ano 2014. Está formado por Elena Tarrats (voz), Federico Mosquera (piano) e Mario G. Cortizo (percusión). O trío leva en funcionamento dende comezos do 2014 e ten tocado en Holanda e Barcelona. En Galicia a súa presentación tivo lugar na compostelá Casa das Crechas dentro do Festival Feito a Man 2015[1], seguido doutros concertos pola xeografía galega[2].
Recibe o nome do buque holandés no que o poeta rianxeiro Manuel Antonio estivo embarcado nas súas viaxes a América.
Cantos de Poeta
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c3/Gravaci%C3%B3n.jpg/220px-Gravaci%C3%B3n.jpg)
Cantos de Poeta (2016) é o primeiro traballo discográfico de Gelria. Consiste nunha antoloxía con catorce poemas da lírica galega de todos os tempos postos en música por Mosquera e Cortizo, dende o Rexurdimento de Curros Enríquez e Rosalía de Castro até autores actuais como Xosé Luís Méndez Ferrín ou Chus Pato. Editado en formato libro disco, conta cun prólogo de Xosé Lois Romero e ven acompañado de ilustracións e fotografías, cos textos en inglés, castelán e portugués traducidos por Erín Moure, Mª Rosario Soto e Carlos Quiroga. Cantos de Poeta é un disco de produción propia gravado integramente en directo co equipamento da Radio Galega baixo a dirección de Pablo Barreiro.
Na gravación do disco colaboraron Xosé Lois Romero (acordeón e percusión), Pablo Pérez (contrabaixo), Rubén Fernández (voz), Mariana Montero, María Montero e Alejandra Montero (voz e pandeireta, membros de Lilaina), Benxamín Otero (óboe e corno inglés), Cibrán Seixo (violín), Paula Santos (viola), Rosalía Vázquez (violoncello), Roberto Bao (percusión), Isabel Diego (percusión) e Ana Gayoso (percusión).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gelria, o navío de Manuel Antonio navega de novo como grupo musical". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2016.
- ↑ "Gelria no Pazo de Liñares". La Voz de Galicia. Consultado o 6 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gelria en Youtube