Saltar ao contido

Genaro Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGenaro Rodríguez
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Gerena, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Sevilla FC C Editar o valor en Wikidata

Genaro Rodríguez Serrano, nado en Gerena o 23 de marzo de 1998, é un futbolista español que xoga como defensa central e centrocampista no Córdoba, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Sevilla, subiu ao Sevilla C no verán de 2017.[1] O 25 de marzo do ano seguinte debutou co Sevilla Atlético na Segunda División, nun partido ante o Zaragoza na Romareda.[2] A súa estrea co primeiro equipo produciuse o 12 de decembro de 2019, nunha derrota por 0-1 contra o APOEL, correspondente á Europa League.

O 5 de outubro de 2020 rescindiu o seu contrato co club andaluz e asinou polo Mirandés, de Segunda,[3] no que xogou durante un ano, antes de fichar polo Málaga, da mesma categoría.[4] Co club malacitano viviu un descenso a Primeira Federación e a continuación un ascenso de novo a Segunda na tempada 2023/24.

Tralo ascenso deixou Málaga e asinou como novo xogador do Córdoba CF, tamén ascendido á categoría de prata.[5]

  1. "El Sevilla C pulveriza la imbatibilidad del San Roque de Lepe (4-0)" (en castelán). 17 de setembro de 2017. Consultado o 21 de setembro de 2024. 
  2. "El Sevilla Atlético frena en seco al Zaragoza" (en castelán). 25 de marzo de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2024. 
  3. "Genaro Rodríguez, firma por un año con el C.D.Mirandés" (en castelán). 6 de outubro de 2020. Consultado o 21 de setembro de 2024. 
  4. "Genius, hard work and versatility with Genaro" (en inglés). 13 de agosto de 2021. Consultado o 21 de setembro de 2024. 
  5. "Genaro Rodríguez, nuevo jugador del Córdoba CF" (en castelán). 14 de xullo de 2024. Consultado o 21 de setembro de 2024.