Saltar ao contido

George Bass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Bass

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1771 Editar o valor en Wikidata
Aswarby, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Desaparición5 de febreiro de 1803 Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 1803 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
at sea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónBoston Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, cirurxián, médico de combate (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Obálky knih,
Medvik >>>:Bass, George, 1771-1803, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Bass-4081


George Bass, nado en Aswarby o 30 de xaneiro de 1771 e finado despois do 5 de febreiro de 1803, foi un cirurxián naval e explorador británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Aswarby, preto de Sleaford (Lincolnshire). Estudou en Boston, Lincolnshire, obtivo o título de medicina en 1789 e en 1794 uniuse á Royal Navy como cirurxián. Chegou a Sidney no Reliance en febreiro de 1795 xunto a Matthew Flinders, eles dous coa compaña de William Martin exploraron a baía Botany, non lonxe de Sidney e tamén o río Georges. En 1796 exploraron Port Hacking.

En 1797 Bass chegou ao Cabo Howe, o punto máis afastado ao que se chegara no sueste de Australia, e seguiu ata aproximadamente o que hoxe é Melbourne. En 1798 descubriu o estreito entre Australia e Tasmania, que dende 1803 leva o seu nome (estreito de Bass).

Durante as súas viaxes, Bass recolleu especies de plantas que enviou a Joseph Banks e foi un dos primeiro en describir o uombat. Bass tamén foi o primeiro branco en chega á rexión de Kiama, da que escribiu numerosas notas sobre a súa complexidade botánica e o seu géyser mariño.

En 1799 volveu a Inglaterra e regresou de novo a Sidney en 1801, viaxou a Tahití en 1803 e non se oíu falar máis del.