George Benson
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) George Washington Benson 22 de marzo de 1943 (81 anos) Pittsburgh, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Relixión | Testemuñas de Xehová |
Educación | Schenley High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor, guitarrista de jazz, artista discográfico, músico de jazz, cantante, compositor de cancións, cantautor |
Período de actividade | 1954 - |
Xénero artístico | Jazz, smooth jazz (pt) , música pop, Rhythm and blues e Funk |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Warner Bros. Records Computer Telephony Integration (pt) The Verve Warner Bros. Columbia Records Concord Records (pt) Prestige |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) |
Páxina web | georgebenson.com |
George Benson, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 22 de marzo de 1943, é un guitarrista estadounidense de jazz. Fixo tamén algunhas achegas ao jazz vocal (a súa voz é grave e o seu canto similar ao de artistas como Stevie Wonder e Donny Hathaway). Trátase dun dos artistas de jazz máis populares das últimas décadas, sendo moi eloxiado por parte da crítica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Virtuoso da guitarra dende neno, gravou o seu primeiro tema "It should have been me" á idade de 10 anos. A súa música abarcou tanto o swing e o bop como o hard bop, o quiet storm e a fusión do jazz co pop e o soul. En Benson pódense recoñecer as influencias de Charlie Christian e Wes Montgomery. É un guitarrista cun gran dominio da velocidade de execución e do swing.
Benson comezou a súa carreira artística como cantante, actuando en clubs nocturnos aos oito anos e gravando catro caras para o selo X de RCA en 1954. Formou tamén unha banda de rock aos 17 na que xa tocaba a guitarra. Ao escoitar gravacións de Christian, Montgomery e Charlie Parker comezou a interesarse no jazz e, cara ao 1962, empezou a tocar na banda de Brother Jack McDuff. Tras formar o seu grupo en 1965, Benson gravou dous discos de soul jazz e hard bop para Columbia e colaborou noutros discos con artistas como Miles Davis, en Miles in the Sky. Asinou coa Verve Records en 1967 e, trala morte de Montgomery, o produtor Crede Taylor fíxolle gravar con grandes conxuntos en A&M (1968-1969) e CTI (1971-1976).
Estes discos convertérono nunha estrela dentro do mundo do jazz, empezando a adquirir popularidade tras prodigarse máis no vocal e asinar coa Warner Bros. en 1976. O seu primeiro disco para esta compañía, Breezin', converteuse nun éxito grazas ao seu só vocal na canción "This Masquerade" o que lle levou a frecuentar a fusión co pop, cuxa culminación foi o disco producido por Quincy Jones, Give Me the Night (1980). Durante os anos oitenta frecuentou material comercial deixando a súa guitarra unicamente como acompañamento. A finais dos oitenta, volveu ao jazz gravando o disco Tenderly, e outro coa banda de Basie, nos que a súa guitarra volveu ter protagonismo. A seu oscilación entre o jazz e o pop foi frecuente desde entón.