George Hamilton Pearce
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1921 Boston, Estados Unidos de América |
Morte | 30 de agosto de 2015 (94 anos) North Smithfield, Estados Unidos de América (pt) |
Arcebispo católico | |
22 de xuño de 1967 – 10 de abril de 1976 ← Victor Frederick Foley (en) – Petero Mataca → Diocese: Arquidiocese católica latina de Suva | |
Bispo diocesano | |
21 de xuño de 1966 – ← Jean Baptiste Dieter – Pio Taofinuʻu → | |
Bispo titular | |
29 de febreiro de 1956 – Diocese: Titular See of Attalea in Pamphylia (en) | |
Vigairo apostólico | |
29 de febreiro de 1956 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1956–), sacerdote católico (1947–) |
Orde relixiosa | Sociedade de María |
Consagración | Richard Cushing |
George Hamilton Pearce, nado en Boston (Massachusetts) o 9 de xaneiro de 1921[1] e finado o 30 de agosto de 2015 en Providence (Rhode Island), foi un arcebispo católico latino dos Estados Unidos. Foi o primeiro bispo da diocese de Apia (Samoa), e foi tamén posteriormente arcebispo de Suva (Fidxi).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Boston (Massachusetts) e cursou os seus estudos básicos na Escola Primaria de Saint Columbkille de Brighton, para pasar posteriormente ao seminario menor Maryvale de Bedford, e finalmente ao College e Seminario dos maristas en Framingham. Foi ordenado sacerdote o 2 de febreiro de 1947[1] polo arcebispo Richard Cushing, e foi nomeado vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores e bispo titular de Attalea in Pamphylia o 29 de febreiro de 1956.[1] Foi consagrado bispo o 29 de xuño de 1956[1] en Boston polo mesmo Cushing.[2][3]
O 21 de xuño de 1966 a Santa Sé elevou a vigairía apostólica a diocese, e Pearce converteuse no primeiro bispo de Apia. O 22 de xuño de 1967 foi nomeado o primeiro arcebispo de Suva (Fidxi)[1]. Retirouse o 10 de abril de 1976, e viviu dende entón en Providence (Rhode Island), onde dirixiu un grupo mariano de oración na catedral dos Santos Pedro e Paulo de Providence, co que visitou os santuarios marianos de Fátima, Lourdes e Međugorje. Finou en Providence o 30 de agosto de 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 P.J. Kenedy, ed. (1969). The Official Catholic Directory for the Year of Our Lord 1969 (en inglés). p. 931.
- ↑ Pacific Publications, ed. (1976). "Pacific Islands Monthly" 47 (1-6): 47.
- ↑ Richard Barrett Lowe (1967). Pageant Press, ed. Problems in paradise: the view from Government House. p. 163.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jean Baptiste Dieter |
Vigairo apostólico das Navegadores 1956 - 1966 |
Sucesor: (elevación da sé) |
Predecesor: (elevación da sé) |
Bispo de Apia 1966 - 1967 |
Sucesor: Pio Taofinuʻu |
Predecesor: Victor Frederick Foley |
Arcebispo de Suva 1967 - 1976 |
Sucesor: Petero Mataca |