Arquidiocese católica latina de Suva
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 869.458 (2017) (47,43 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua inglesa | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 18.333 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1966 | |||
Catedral | Sacred Heart Cathedral, Suva (en) | |||
Páxina web | aosfiji.org |
A arquidiocese de Suva (en latín: Archidioecesis Suvana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 101.050 bautizados sobre unha poboación total de 1 297 683 habitantes. Peter Loy Chong é o actual arcebispo.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue todo o arquipélago das Fidxi. A sé arcebispal é a cidade de Suva, onde está a Catedral do Sagrado Corazón.
O territorio está organizado en 35 parroquias.
Provincia eclesiástica
[editar | editar a fonte]Diocese | País |
---|---|
Arquidiocese de Suva | Fidxi |
Diocese de Rarotonga | Illas Cook Niue |
Diocese de Tarawa e Nauru | Kiribati Nauru |
Historia
[editar | editar a fonte]O arquipélado das illas Fidxi foi evanxelizado polos padres maristas, que comezaron a chegar ás illas en 1844, cando os misioneiros británicos metodistas wesleyanos xa estaban fortemente estabelecidos.[1]
O 27 de marzo de 1863 foi erixida a prefectura apostólica das Illas Fidxi,[1] en territorios da vigairía apostólica de Oceanía central.
O 10 de maio de 1887 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostólica.[1]
O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana e tomou a súa denominación actual.[2]
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]O único prefecto apostólico das illas foi:
- Jean-Baptiste Breheret (1863 - 1887, renuncia)
Os vigairos apostólicos foron os seguintes:
- Julien Vidal (13 de maio de 1887 - 2 de abril de 1922, finado)
- Charles-Joseph Nicolas (2 de abril de 1922 - 15 de agosto de 1941, finado)
- Victor Frederick Foley (11 de maio de 1944 - 1 de xaneiro de 1967, renuncia)
Dende a súa elevación, os seus arcebispos teñen sido os seguintes
- George Hamilton Pearce (22 de xuño de 1967 - 10 de abril de 1976, renuncia)
- Petero Mataca (10 de abril de 1976 - 19 de decembro de 2012, retirado)
- Peter Loy Chong (19 de decembro de 2012 - actualidade)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Universidade Católica de América (edición) (2003). Thomson/Gale, ed. The Catholic Church in Oceania. New Catholic Encyclopedia 10. p. 531. ISBN 9780787640040.
- ↑ Paulo VI (21 de xuño de 1966). Constitutio Apostolica "Oceaniae Meridionalis".