Saltar ao contido

Diocese católica latina de Tonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDiocese católica latina de Tonga

Localización
Mapa
 21°08′S 175°12′O / -21.13, -175.2
Poboación
Poboación103.398 (2017) Editar o valor en Wikidata (102,58 hab./km²)
Lingua usadaLingua tongana Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.008 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
CatedralRoman Catholic Church of Tonga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A diocese de Tonga (en latín: Dioecesis Tongana) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2010 tiña 13.367 bautizados sobre unha poboación total de 103.391 habitantes. O seu bispo actual é Soane Patita Paini Mafi.

Territorio

[editar | editar a fonte]

A diocese abrangue todo o Reino de Tonga, no sur do océano Pacífico.

A sé episcopal é a cidade de Nukuʻalofa, onde está a catedral de María Inmaculada.

O territorio ten unha superficie de 947 km² e está dividido en 14 parroquias.

O 23 de agosto de 1842 foi erixida a vigairía apostólica de Oceanía central, co breve apostólico Pastoris aeterni do papa Gregorio XVI, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía occidental.

Cedeu ao longo dos anos varias partes do seu territorio para erixir novas circunscricións eclesiásticas: o 23 de xullo de 1847 foi erixida a vigairía apostólica de Nova Caledonia, o 20 de agosto de 1850 a vigairía apostólica do arquipélago das Navegadores, o 27 de marzo de 1863 a prefectura apostólica das Illas Fidxi, e o 11 de novembro de 1935 a prefectura apostólica de Wallis e Futuna.

O 13 de abril de 1937, co decreto Cum Excellentissimus da Congregación de Propaganda Fide, tomou o nome de "vigairía apostólica das Illas Tonga", e mudouno novamente o 22 de marzo de 1957 polo de "vigairía apostólica das Illas Tonga e Niue".

O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces, o papa Paulo VI elevou a vigairía ao rango de diocese, e tomou o nome actual, pasando o territorio de Niue a estar baixo a diocese de Rarotonga.

Escudo de armas

Episcopoloxio

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]