Diocese católica latina de Port Vila
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 299.600 (2019) (25,24 hab./km²) | |||
Lingua usada | Bislama | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 11.870 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 9 de febreiro de 1901 | |||
Catedral | Cathédrale du Sacré-Coeur, Port Vila (en) | |||
Sitio web | ddec.nc… |
A diocese de Port Vila (en latín: Dioecesis Portus Vilensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Nouméa. En 2013 tiña 28.500 bautizados sobre unha poboación total de 240.000 habitantes. O seu bispo actual é Jean Bosco Baremes.
Territorio
[editar | editar a fonte]A diocese esténdese sobre todo o arquipélago de Vanuatu. A sé episcopal é a cidade de Port Vila, onde está a Catedral do Sagrado Corazón.
O territorio está organizado en 32 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]As Novas Hébridas acolleron aos primeiros misioneiros en 1848, mais pouco despois deixou de haber presenza católica nas illas durante case corenta ano, o que facilitou a chegada dos misioneiros presbiterianos e anglicanos.
A misión católica foi restabelecida en 1887. O 19 de febreiro de 1901 foi erixida a prefectura apostólica das Novas Hébridas en territorios da vigairía apostólica de Nova Caledonia.
O 22 de marzo de 1904 a prefectura apostólica foi elevada a vigairía apostólica, e o 21 de xuño de 1966 a diocese coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Isidore-Marie-Victor Douceré (9 de febreiro de 1901 – 12 de maio de 1939, finado)
- Jules Halbert (11 de xullo de 1939 – decembro de 1954, renuncia)
- Louis-Jean-Baptiste-Joseph Julliard (1 de xaneiro de 1955 – 21 de maio de 1976, renuncia)
- Francis-Roland Lambert (31 de decembro de 1976 – 12 de decembro de 1996, retirado)
- Michel Visi (30 de novembro de 1996 – 19 de maio de 2007, finado)
- Jean Bosco Baremes (18 de novembro de 2009 – actualidade)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Monnier, Paul (1987). Cent ans de mission: L'église catholique au Vanuatu.