Diocese católica latina de Taiohae o Tefenuaenata
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Colectividade | Polinesia Francesa | |||
Poboación | ||||
Poboación | 9.990 (2017) (7,99 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua francesa | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 1.250 km² | |||
Creación | 9 de maio de 1848 | |||
Catedral | Notre Dame Cathedral (en) | |||
Sitio web | catholic.pf |
A diocese de Taiohae o Tefenuaenata (en latín: Dioecesis Taiohaëna seu Humanae Telluris) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Papeete. En 2010 tiña 8.310 bautizados sobre unha poboación total de 9.220 habitantes. O seu bispo actual é Guy André Dominique Marie Chevalier.
Territorio
[editar | editar a fonte]A diocese abrangue as illas Marquesas, na Polinesia Francesa. A sé episcopal é a cidade de Taiohae, na illa de Nuku Hiva, onde está a catedral da Nosa Señora.
O territorio está dividido en 26 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]O 9 de maio de 1848, coa bula Apostolicae servitutis do papa Pío IX, foi erixida a vigairía apostólica das illas Marquesas, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía oriental.
O 21 de xuño de 1966 a vigairía apostólica foi elevada a diocese coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI, e tomou o nome de diocese de Taiohae.
O 31 de maio de 1974 a diocese tomou o nome actual co decreto Summus Pontifex da Congregación para a Evanxelización dos Pobos.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- François Baudichon (9 de maio de 1848 - 1855, renuncia)
- Ildefonse-René Dordillon (7 de decembro de 1855 - 11 de xaneiro de 1888, finado)
- Rogatien-Joseph Martin (3 de xuño de 1892 - 27 de maio de 1912, finado)
- Pierre-Marie-David Le Cadre (30 de decembro de 1920 - 21 de novembro de 1952, finado)
- Louis-Bertrand Tirilly (16 de novembro de 1953 - 17 de marzo de 1970, renuncia)
- Hervé-Maria Le Cléac'h (1 de marzo de 1973 - 31 de maio de 1986, renuncia)
- Guy André Dominique Marie Chevalier (31 de maio de 1986 - 5 de setembro de 2015, retirado)
- Pascal Chang-Soi (5 de setembro de 2015 - actualidade)