Misión sui iuris católica latina de Tokelau
Aparencia
Localización | |||
---|---|---|---|
Poboación | |||
Poboación | 1.390 (2017) (115,83 hab./km²) | ||
Lingua usada | Lingua tokelauana | ||
Relixión | Igrexa católica | ||
Xeografía | |||
Superficie | 12 km² | ||
Comparte fronteira con | |||
Creación | 26 de xuño de 1992 | ||
A misión sui iuris de Tokelau (en latín: Missio sui iuris Tokelauna) é unha sé da Igrexa Católica Latina, sufragánea da arquidiocese de Samoa-Apia. En 2010 tiña 500 bautizados sobre unha poboación total de 1.440 habitantes. O seu superior eclesiástico actual é Oliver P. Aro.
Territorio
[editar | editar a fonte]A misión sui iuris abrangue o arquipélago de Tokelau. A sé da misión está en Nukunonu, e ten unha única parroquia.
Historia
[editar | editar a fonte]A evanxelización comezou en 1845 polos padres maristas. O territorio de Tokelau pertenceu inicialmente á vigairía apostólica de Oceanía central e posteriormente á vigairía apostólica de Samoa e Tokelau, hoxe arquidiocese de Samoa-Apia.
O 26 de xuño de 1992 a arquidiocese foi dividida, dando orixe á presente misión sui iuris de Tokelau.
Lista dos superiores
[editar | editar a fonte]- Patrick Edward O'Connor (26 de xuño de 1992 - maio de 2011, retirado)
- Oliver Pugoy Aro (6 de maio de 2011 - 2015, renuncia)
- Alapati Lui Mataeliga (22 de decembro de 2015 - 25 de abril de 2023, finado)