Diocese católica latina de Rarotonga
A diocese de Rarotonga é unha diocese católica nas Illas Cook, sufraxánea da arquidiocese de Suva. No ano 2004 contaba con 2.519 católicos distribuídos en 15 parroquias e servidos por 6 sacerdotes regulares.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira igrexa católica nas Cook consagrouse en 1896[1]. Eclesiasticamente erixiuse como a prefectura apostólica de Cook e Mnihiki en 1922 cambiando de nome en 1926 a prefectura apostólica das Illas Cook, en 1948 transformouse en vicariato apostólico e elevada definitivamente a diocese en 1966.
Educación
[editar | editar a fonte]A diocese mantén dous colexios de primaria: Saint Josephs en Rarotonga e Saint Marys en Mauke e un instituto de secundaria, o Nukutere College en Rarotonga
Igrexas
[editar | editar a fonte]A catedral da diocese está dedicada a San Xosé e localízase en Avarua onde ten a súa sede o bispo, ademais están abertas ao público dúas igrexas en Rarotonga Santa María en Arorangi e a do Sagrado Corazón en Matavera
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Bernardin Castanié, C.I.M. (1923–1939)
- John David Hubaldus Lehman, C.I.M. (1939–1959)
- Hendrick Joseph Cornelius Maria de Cocq, SS.CC. (1964–1971)
- John Hubert Macey Rodgers, S. M. (1973–1977)
- Denis George Browne (1977–1983)
- Robin Walsh Leamy, S. M. (1984–1996)
- Stuart France O'Connell, S. M. (1996– )