George Kruger Gray
Nome orixinal | George Edward Kruger Gray |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) George Kruger ![]() 25 de decembro de 1880. ![]() |
Morte | 2 de maio de 1943 (73 anos)![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de St Mary, Fittleworth, Chichester. |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | Bath Spa University. Royal College of Art. |
Q89547790 | Deseños de moedas británicas e do Imperio Británico. |
Actividade | |
Ocupación | Deseñador de moedas e de vidreiras. |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Frances Audrey Gordon Gray (1918) ![]() |
Fillos | Douglas Gray. ![]() |
Pais | Edwin Charles Kruger. ![]() ![]() |
Premios | |
Comendador da Orde do Imperio Británico. | |
![]() | |
George Kruger Gray, nado en Londres o 25 de decembro de 1880 e finado en Chichester, West Sussex, o 2 de maio de 1943, foi un artista inglés coñecido polos seus deseños de moedas e de vidreiras.
Gray foi o autor dos deseños de numerosas moedas do Reino Unido e doutros territorios do Imperio Británico e da Commonwealth, como o Canadá, Nova Zelandia ou Australia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]George Kruger naceu o día de Nadal de 1880 no número 126 de Kensington Park Road, en Londres,[1][2] fillo de Edwin Charles Kruger, un comerciante de Jersey, e de Francis Hester Harris, e foi bautizado como George Edward Kruger en Kensington.[3]
Kruger educouse na escola de nenos Merchant Taylors en Crosby. En xullo de 1893, cando tiña 12 anos sufriu un incidente na praia de Crosby no que faleceu o seu irmán maior e un amigo de ambos, todos alumnos da mesma escola, aínda que el puido ser rescatado.[1][4]
Logo realizou os seus estudos superiores na Escola de Arte de Bath, hoxe pertencente á Universidade de Bath Spa. Alí acadou unha bolsa de estudos para o Royal College of Art de Londres,[4] onde se licenciou en Deseño.[1]

Carreira artística
[editar | editar a fonte]A partir de 1905 e ata 1943 participou en 27 edicións da Exposición da Royal Academy, especializándose en paisaxes, estudos florais e retratos. Entre outras, participou tamén na Exposición de Obras de Artistas Modernos da Sociedade de Artistas de Aberdeen (1926).[1][4]
Durante a primeira guerra mundial, Kruger serviu nos Artists Rifles,[3] unha unidade de camuflaxe dos Enxeñeiros Reais especializada en ocultar artefactos militares e fabricar obxectos simulados para confundir as forzas inimigas.[1][4]
En 1918, logo do seu casamento con Frances Audrey Gordon Gray (1881-1955),[3][5] cambiou o seu nome polo de George Kruger Gray,[1] engadindo o apelido da súa muller.[6] O matrimonio tivo un fillo chamado Douglas, en outubro de 1920.
Despois da guerra, continuou a súa carreira como artista. En 1923 continuou expondo os seus traballos numismáticos na Royal Academy of Arts, o que lle proporcionou unha considerable reputación nese ámbito, e converteuse en "contratista preferente" da Royal Mint, encargándose do deseño de moedas para o Reino Unido, así como para outros territorios de soberanía británica. Habitualmente, nas moedas creadas por el engadía as súas iniciais KG ou G a modo de marca de gravador.[6]
Malia ser máis coñecido polo deseño de moedas, tamén é moi salientable o seu labor como deseñador de vidreiras para igrexas, universidades e outras institucións. Ademais, ilustrou libros e realizou carteis, caricaturas e escudos de armas, entre outros.[1][3]
Gray foi membro da Royal Society of Arts.[4] En 1936 outorgóuselle o nomeamento de Lacaio da Asociación de Vidreiros e Pintores de Vidro, e en 1938 foi nomeado Comendador da Excelentísima Orde do Imperio Británico (CBE).[1]
Kruger Gray finou no hospital Saint Richards de Chichester, West Sussex, o 2 de maio de 1943,[1] e foi soterrado no cemiterio da igrexa de St Mary en Fittleworth, Chichester.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Moedas
[editar | editar a fonte]
George Kruger Gray foi o creador dos seguintes deseños para moedas do Reino Unido e doutros territorios do Imperio Británico e da Commonwealth:[6][8][9]
- Australia: reverso da maior parte do segundo conxunto de moedas, utilizado desde 1937 ata a decimalización en 1966, ademais dos reversos dos floríns conmemorativos de 1927 e de 1935.
- Canadá: reverso do centavo utilizado ente 1937 e 2012, os 5 centavos a partir de 1937 e os 50 centavos entre 1937 e 1958.
- Chipre: reverso das 9 piastras e das 18 piastras de 1938-1940, as 45 e as 4½ piastras de 1928, e o florín de 1947-1949.
- Gran Bretaña: reverso dos 3 peniques de 1927-1945, os selos 6 peniques de 1927-1948, o xilin de 1927-1936, os motivos escoceses e ingleses para o xilin de 1937-1948, o florín de 1927-1948, a media coroa de 1927-1948, a coroa de 1927-1936 (agás a do Xubileu de 1935) e a coroa de 1937. Os seus deseños para o xilin, o florín e a media coroa continuaron entre 1949 e 1952.
- Jersey: reverso para a moeda de 1/12 xilin (penique) e o 1/24 de xilin (medio penique) de 1927-1952.
- Mauricio: reverso das moedas de 1 centavo, 2 centavos, 5 centavos e 10 centavos de 1937 a 1978, e de 1/4, 1/2 e 1 rupia de 1934-1978.
- Nova Guinea: reverso do centavo, 3 peniques, 6 peniques e o xilin de 1936-1944.
- Nova Zelandia: reverso dos 3 peniques, os 6 peniques, o xilin, o florín e a media coroa de 1933-1965.[10][2]
- Suráfrica: reverso do ¼ penique, o ½ penique), o penique, os 3 peniques, os 6 peniques, o xilin, o florín e a media coroa entre 1923 e 1960. Igualmente, os reversos das moedas de medio, dous e medio, cinco, dez e vinte centavos de 1961-1964.
- Rodesia do Sur: reverso dos 3 peniques, os 6 peniques e o xilin de 1932-1952, os 2 xilins de 1932-1954 e a media coroa de 1932-1952.
- Escolma de reversos de moedas creados por George Kruger Gray
-
Reino Unido. 2 xilins (1937).[13]
-
Nova Zelandia. 6 peniques (1934).[16]
-
Australia 3 peniques (1938).[21]
-
Australia. 1 xilin (1960).[22]
-
Australia. 1 florín (1927). Centenario do Parlamento.[23]
-
Australia. 1 florín (1939).[25]
-
Australia. Coroa (1937).[26]
-
Canadá. 5 cents (1964).[28]
-
Canadá. 50 cents (1946).[29]
Outros
[editar | editar a fonte]
Kruger Gray foi un deseñador ben coñecido na súa época entre as súas creacións hai varios escudos de armas, entre eles o utilizado pola Universidade de Australia Occidental entre 1929 e 1963.[32] Tamén se encargou do deseño da bandeira da colonia de Adén.[33]
Igualmente creou unha importante distinción outorgada ao Servizo Real de Patrulla Naval en forma de insignia prateada, e outras condecoracións e obxectos cerimoniais como o colar da Orde do Imperio Británico (1926), a Cruz Procesional do Arcebispado de Gales, as dúas mazas do Parlamento do Ulster (1943), o reverso do Gran Selo do Ulster,[2] ou os selos oficiais da Unión de Suráfrica, da provincia de Nova Escocia e de Rodesia do Norte, entre outros.[1][3]
En 1940, Gray deseñou a nova Medalla de Xurxo á valentía baseándose nun ex libris da Biblioteca Real do Castelo de Windsor do artista Stephen Gooden.[6][34]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "George Edward Kruger Gray CBE". En Mapping the Practice and Profession of Sculpture in Britain & Ireland 1841–1951. University of Glasgow History of Art / ATII (Sculpture.gla.ac.uk).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Designers of New Zealand Coins: Mr. George Kruger Gray". En Numismatic Journal. Royal Numismatic Society of New Zealand. Vol. 3 (33). Febreiro de 1961. Páxina 76.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Gray, George Kruger". En Who’s who 1932. A. & C. Black Ltd, Londres,1932. Páxina 1.296.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "George Edward Kruger Gray". Findagrave.com
- ↑ "Frances Audrey Gordon Gray". Findagrave.com
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "George Kruger Gray, Designer, Painter & Medallist (1880-1943)". Collections.museumsvictoria.com.au
- ↑ "1 Shilling - George V". Numista.com
- ↑ "George Kruger-Gray, Coin Designer of the British Empire". Worldofcoins.eu
- ↑ "George Kruger Gray". Numista.com
- ↑ Pollock, K. "Coins and banknotes". En The Encyclopedia of New Zealand (teara.govt.nz).
- ↑ "1 Shilling - George VI Scottish crest". Numista.com
- ↑ "1 Florin - George V". Numista.com
- ↑ "2 Shillings - George VI". Numista.com
- ↑ "½ Crown - George V". Numista.com
- ↑ "3 Pence - George V". Numista.com
- ↑ "6 Pence - George V". Numista.com
- ↑ "1 Shilling - George V". Numista.com
- ↑ "1 Florin - George V". Numista.com
- ↑ "½ Crown - George V". Numista.com
- ↑ "1 Penny - Elizabeth II". Numista.com
- ↑ "3 Pence - George VI". Numista.com
- ↑ "1 Shilling - Elizabeth II". Numista.com
- ↑ "1 Florin - George V Opening of old Parliament House". Numista.com
- ↑ "1 Florin - George V Victoria and Melbourne Centenary". Numista.com
- ↑ "1 Florin - George VI". Numista.com
- ↑ "1 Crown - George VI Coronation". Numista.com
- ↑ "1 Cent - Elizabeth II 1st portrait". Numista.com
- ↑ "5 Cents - Elizabeth II 1st portrait". Numista.com
- ↑ "50 Cents - George VI". Numista.com
- ↑ "¼ Penny - George VI". Numista.com
- ↑ "¼ Shilling - Elizabeth II 1st portrait". Numista.com
- ↑ "Branding with a heraldic flourish". University of Western Australia (UWA.edu.au).
- ↑ "Colony of Aden (Yemen)". Crwflags.com
- ↑ Daily Mirror. 22 de novembro de 1940. Páxina 12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Kruger Gray ![]() |