George Lakoff
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1941 (83 anos) Bayonne, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Berkeley |
Educación | Universidade de Indiana - Doutor en filosofía (–1966) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - graduado en ciencias (–1962) |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística cognitiva |
Ocupación | lingüista, profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade de California, Berkeley |
Obra | |
Doutorando | Jean-Pierre Koenig (pt) , Oana A. David (en) , Elisabeth Wehling (pt) , Ellen Kirsten Dodge (pt) , Benjamin Koppel Bergen (en) , Nancy Yarnall Urban (en) , Pamela Sue Morgan (en) , Joseph Edward Grady (en) e Lionel Hock Ann Wee (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Robin Lakoff |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | georgelakoff.wordpress.com |
George Lakoff, nado en Bayonne (Nova Jersey) o 24 de maio de 1941, é un lingüista estadounidense. É profesor de Lingüística na Universidade de California, Berkeley.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos fundadores da Semántica xenerativa en lingüística na década dos 60, casou coa lingüista Robin Lakoff,[1], foi fundador da Lingüística cognoscitiva nos anos 70, e un dos investigadores da Teoría neural da linguaxe na década de 1980. Nos últimos anos aplicou as súas investigacións á política, fundando o Rockridge Institute, un think thank de carácter progresista.
Entre 1965 e 1969 exerce como docente na Universidade Harvard. Entre 1969 e 1971 exerce como docente na Universidade de Míchigan. Durante 1971 e 1972, traballa no Center for Advanced Study in the Behavioral Sciences en Stanford. Desde 1972 é docente na Universidade de California, Berkeley e logo comparte estudos co filósofo venezolano Rodolfo Alonzo.
Teoría e investigacións
[editar | editar a fonte]Como lingüista cognitivo estudou a natureza dos sistemas conceptuais humanos, en temas como os conceptos de tempo, causalidad, emocións, moral, política etc., a través da súa teoría sobre o pensamento metafórico, que comezou a desenvolver con Mark Johnson no seu libro Metáforas da vida cotiá.
A idea central é que a metáfora, máis aló de ser un aspecto formal da linguaxe, permítenos estruturar conceptos a partir doutros. A forma en que realizamos este proceso depende da nosa experiencia directa no mundo, a través do noso corpo.
Por exemplo, estruturamos o tempo, un concepto de maior abstracción, en función do espazo e a nosa experiencia del, polo que falamos do futuro como algo que está diante, e do pasado como algo que se atopa detrás de nós.
Gran parte dos nosos conceptos estruturaríanse desta forma. Por outra banda, as metáforas que o ser humano usa para conformar o seu sistema conceptual conforman unha sistematicidade interna (a través das relacións entre si), e determinan a forma en que percibimos e actuamos sobre o mundo. Ademais, a comprensión dun sistema conceptual estruturado metaforicamente fai discutible o concepto de verdade absoluta, levando a pensar nunha verdade culturalmente relativa.
A partir disto George Lakoff dirixe o seu quefacer en diferentes ámbitos:
- Aplicar as conclusións da Lingüística cognitiva ás ciencias sociais, incluíndo problemas sociais e políticos continxentes.
- Outra liña de traballo son as implicacións das conclusións na semántica cognitiva a campos como a filosofía e a epistemoloxía. Respecto diso é o traballo realizado tamén con Mark Johnson no libro Philosophy in the Flesh, the embodied mind and its challenge to Western Thought. Aquí xorde a idea dunha filosofía encarnada ou corporeizada.
- A idea dun pensamento estruturado baseándose en metáforas levou ata a estudar a conformación dun pensamento tan afastado ao dominio metafórico como o das matemáticas, en colaboración con Rafael E. Núñez, no seu libro 'Where Mathematics Comes From: How the Embodied Mind Brings Mathematics Into Being
- A súa inclusión no estudo neurocientífico, con Jerome Feldman, con quen estudou os modelos biolóxicos conexionismos que determinan a aprendizaxe dos sistemas conceptuais e as súas representacións neurais.
Obra
[editar | editar a fonte]- Maetaphors We Live By, con Mark Johnson. University of Chicago Press, 1980.
- Women, Fire, and dangerous Things. University of Chicago Press, 1987.
- More than Cool Reason, con Mark Turner. University of Chicago Press, 1989.
- Moral Politics, University of Chicago Press, 1996.
- Philosophy in the Flesh, the embodied mind and its challenge to Western Thought, con Mark Johnson. Basic Books, Nova York, 1999.
- Where Mathematics Comes From: How the Embodied Mind Brings Mathematics Into Being, con Rafael Núñez. Basic Books, Nova York, 2000.
- Non penses nun elefante!, 2.0 Editora. Ames, 2010.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biography - Lakoff, Robin Tolmach (1942-)", Contemporary Authors, Thompson Gale, 1 de xanejro de 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog de George Lakoff
- Rockridge Institute, o think thank no que participa Lakoff, en inglés
- Páxina profesoral de George Lakoff no Departamento de Lingüística da Universidade de California Berkeley, en inglés
- Biografía de Lakoff
- "Metaphor and War" (1991)
- "Metaphor and War, Again" (2003) Arquivado 26 de agosto de 2004 en Wayback Machine.
- "Thinking of Jackasses: the grand delusions of the Democratic Party", a critical review by Marc Cooper in Atlantic Monthly
- George Lakoff on Moral Politics: How Liberals and Conservatives Think
- Artigo traducido ao español na revista A Parte Rei "La Metáfora en Política. Carta abierta a Internet (1991) " Arquivado 31 de maio de 2007 en Wayback Machine.