Saltar ao contido

Germán Fernández Gracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGermán Fernández Gracia
Biografía
Nacementoc. 1911 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (24/25 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 529

Germán Fernández Gracia, nado en Vigo cara a 1911 e finado en Pontevedra o 28 de decembro de 1936, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi aprendiz de artilleiro na Escola de Tiro Naval en 1930. Quiosqueiro da estación de Pontevedra. Fundou un grupo denominado Vanguardia Izquierdista Anticlerical en 1932, do que foi secretario xeral. Afiliado a Izquierda Republicana, foi promotor do semanario Clarín, do que chegou a ser director. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 25 de xullo e xulgado por rebelión militar na causa 1119/36. Condenado a pena de morte en consello de guerra o 10 de decembro de 1936,[1] foi executado en Pontevedra o 28 de decembro.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Abuín Díaz en abril de 1933.[2]

  1. El Pueblo Gallego, 12-12-1936, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 18-4-1933, p. 14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]