Germán Waidele Figuerido
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1927 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 2 de outubro de 2012 (84 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Germán Waidele Figuerido máis coñecido como Mekerle foi un futbolista galego nado o 11 de novembro de 1927 en Ourense e finado o 2 de outubro de 2012, que xogaba na posición de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O dianteiro ourensán chegou na tempada 1948-49 a un Celta de Vigo que viña de ser subcampión da Copa do Xeneralísimo, cuxa final perdeu contra o Sevilla FC. Debutou en Primeira División o 16 de xaneiro de 1949 en Alcoi nunha derrota por 1-0 ante o Alcoyano.
A tempada seguinte será a da súa confirmación, xa que coincide co nacemento da chamada Dianteira eléctrica ou Fronte de xuventudes pola súa curta idade, que estaba composta por: Atienza, Hermidita, Sobrado, Vázquez e o propio Mekerle. Estrease como goleador fronte ao Athletic Club en San Mamés e ten como un dos seus puntos álxidos a vitoria ante o FC Barcelona por 6-4.
A tempada 1950-51 foi a mellor da carreira de Mekerle, anotando 12 goles en 23 partidos
Despois dunha ano no que tivo un papel secundario por problemas extradeportivos co adestrador ao negarse a entrar no campo de Sarriá, o que lle custou unha multa económica e case a expulsión da disciplina olívica, abandona Vigo no ano 1954 con destino ao Hércules CF, onde actúa a un gran nivel, especialmente o primeiro dos dous anos que estría en terras alicantinas
Nas 6 tempadas que Mekerle xogou no Celta disputou un total de 82 partidos oficiais en Liga marcando 29 goles.
Tralo abandono da carreira de futbolista o ourensán seguiu vinculado ao campos de xogo, agora como adestrador.
Faleceu con 84 anos en Gandia, o 2 de outubro de 2012.