Gernika Rugby Taldea
Nome | Gernika Rugby Taldea | |
---|---|---|
Alcume(s) | Basurde (en éuscaro xabarín) | |
Fundación | 1973 | |
Sede | Gernika-Lumo, Euskadi | |
Estadio(s) | Estadio de Urbieta | |
Capacidade | - espectadores | |
Presidente | José Alberto Pradera | |
Adestrador | Nicolás Martínez | |
Capitán | Jon Magunazelaya | |
Liga(s) | División de Honra | |
2012-13 | 3º e cuartofinalista | |
| ||
Na rede | ||
http://www.gernikarugby.com | ||
O Gernika Rugby Taldea (en castelán, Club de Rugby Gernika) é un club de rugby da vila de Gernika-Lumo, en Biscaia, Euskadi. Xoga na División de Honra, a máxima categoría do rugby español.
O campo no que xoga como local é Urbieta. As súas cores distintivas son o verde e o negro.
Historia
[editar | editar a fonte]O Gernika Rugby Taldea, foi fundado o 18 de maio de 1973 por uns entusiastas do rugby desta vila biscaíña, sendo, así mesmo, o primeiro equipo que xurdiu en Biscaia fóra de Bilbao.
En 1977, o equipo ascendeu de categoría. En 1981, volve ascender, desta vez á Primeira División Nacional (a actual División de Honra B).
O 14 de maio de 1983 Gernika-Lumo acolleu o debut da selección de rugby de Euskadi, nun ateigado Campo de Santa Lucía, onde Gales B gañou por 3-24.
Na década dos '80, o club experimenta un gran crecemento que lle fai afianzarse na segunda categoría. Na tempada 1983-84 gaña o título de Campión da Liga de Primeira División - Grupo Norte, disputando sen éxito os playoffs de ascenso contra os outros clubs campións: CDU Valladolid, CR Cisneros e Club Natació Barcelona.
A principios dos '90 acada dous grandes logros para a historia do rugby en Biscaia: o campionato de Primeira División Nacional, e o ascenso directo á máxima categoría do rugby, a División de Honra, en 1990; e a participación, por primeira vez na súa historia na final da Copa do Rei en 1991, na que se enfrontou ao Getxo Rugby Taldea, e que perdeu por 32-15. Estes éxitos víronse empañados polo descenso de categoría, en 1993.
Na primeira década do século XXI, na tempada 2005-06, o Gernika R.T. volve ascender e consegue afianzarse na segunda categoría, a División de Honra B. Destaca de xeito especial dende esa tempada, pois sempre acada praza entre os catro primeiros do seu grupo. Ademais, nas tempadas 2007-08 e a 2008-09 consegue clasificarse para xogar os playoffs de ascenso á máxima categoría, á vez que se proclama Campión da División de Honra B e acada o ascenso directo á máxima categoría do rugby, a División de Honra. Destaca o feito, nesta última campaña, que contou tódolos partidos por vitórias, e logra por segunda vez na súa historia o ascenso á División de Honra, vencendo por 37-10 ao Atlético Portuense o 26 de abril de 2009.
Dende os seus primeiros anos, este club se comprometeu na formación e promoción do rugby no municipio e nas localidades do seu contorno. Formouse un segundo equipo sénior e outros de categorías inferiores, que xogan nas ligas territoriais vascas. Esta vocación viuse recompensada coa consecución de varios títulos en todas as categorías do rugby vasco dende a súa fundación ata a actualidade.
Na tempada 2010-11, o equipo acadou a súa mellor participación na liga, rematando na 4ª posición da clasificación final.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Posicións do club en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría | 2013 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 3 | 6 | 4 | 8 | 12 | 8 | 7 | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Div.HonraB | 1 | 2 | 4 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 1 | 3 | 5 | 5 | 4 | 7 | 4 | 4 | 6 | 3 | 9 | 1 | 3 | 3 | 5 | 5 | 4 | 1 | 2 | 5 | 5 | 4 | 8 | ||||||||||||||||||
Copa | 2 |
A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
- 6 Tempadas na División de Honra: 1981-82, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 2009-10 e 2010-11
- 1 Campionato de División de Honra B: 2008-09
- 3 Campionatos de Primeira División Nacional: 1983-84, 1989-90 e 2004-05
- 1 Subcampionato da Copa do Rei: 1991
Tempada actual
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: División de Honra de Rugby 2018-2019.
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | SEMIFINAIS | El Salvador | 92 | 22 | 18 | 2 | 2 |
2º. | SEMIFINAIS | VRAC | 89 | 22 | 18 | 1 | 3 |
3º. | CUARTOS FINAL | Alcobendas | 78 | 22 | 16 | 1 | 5 |
4º. | CUARTOS FINAL | Ordizia | 63 | 22 | 12 | 2 | 8 |
5º. | CUARTOS FINAL | Aparejadores | 59 | 22 | 11 | 0 | 11 |
6º. | CUARTOS FINAL | Barcelona | 57 | 22 | 11 | 1 | 10 |
7º. | PERMANENCIA | Santboiana | 57 | 22 | 10 | 1 | 11 |
8º. | PERMANENCIA | Independiente | 43 | 22 | 7 | 1 | 14 |
9º. | PERMANENCIA | Hernani | 41 | 22 | 7 | 0 | 15 |
10º. | PERMANENCIA | Cisneros | 39 | 22 | 5 | 1 | 16 |
11º. | PROMOCIÓN | La Vila | 38 | 22 | 6 | 0 | 16 |
12º. | DESCENSO | Gernika | 36 | 22 | 5 | 2 | 15 |
Eliminatorias
[editar a fonte]Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
5 de maio, Altamira (Ordizia) | 11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | 25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | ||||||||
[1º] - El Salvador | 39 | |||||||||
[4º] - Ordizia | 38 | |||||||||
[4º] - Ordizia | 26 | |||||||||
[5º] - Aparejadores | 31 | |||||||||
12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | [1º] - El Salvador | 27 | ||||||||
5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas) | ||||||||||
[2º] - VRAC | 39 | |||||||||
[3º] - Alcobendas | 34 | |||||||||
[3º] - Alcobendas | 12 | |||||||||
[6º] - Barcelona | 20 | |||||||||
[2º] - VRAC | 33 | |||||||||