Gert Hofmann
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1931 Limbach-Oberfrohna, Alemaña (pt) |
Morte | 1 de xullo de 1993 (62 anos) Erding, Alemaña (pt) |
Causa da morte | doenza cerebrovascular |
Educación | Universidade de Leipzig Universidade de Freiburg im Breisgau |
Actividade | |
Ocupación | escritor, escritor de contos, dramaturgo, novelista |
Empregador | Universidade de Texas en Austin Universidade de Liubliana Universidade de París Universidade de California, Berkeley Universidade de Toulouse (pt) |
Membro de | |
Xénero artístico | Teatro |
Participou en | |
1979 | Ingeborg Bachmann Award 1979 (en) |
Familia | |
Fillos | Michael Hofmann |
Premios | |
| |
Gert Hofmann, nado en Limbach-Oberfrohna (Imperio Alemán) o 29 de xaneiro de 1931 e finado en Erding (República Federal Alemá) o 1 de xullo de 1993, foi un escritor alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gert Hofmann naceu en Limbach-Oberfrohna (Saxonia). En 1948 trasladouse coa súa familia a Leipzig, onde asistiu á escola de linguas estranxeiras e pasou as exames para tradutor e intérprete de ruso e inglés. Na Universidade de Leipzig comezou estudos de linguas románicas, xermanas, eslavas e inglés. O ano 1951 marchou da República Democráitica Alemá e estableceuse en Friburgo, República Federal Alemá, onde continuou os es seus estudos de linguas, aos que engadiu os de Socioloxía e Ciencias Políticas. En 1957 obtivo o doutoramento en Filosofía cun traballo sobre Henry James.
A partir de 1961 foi profesor de Xermanística en universidades de Francia, Reino Unido e os Estados Unidos de América. Entre 1971 e 1980 viviu en Klagenfurt, Alemaña, ensinando , a un tempo, na Universidade de Liubliana.(Iugoslavia). En 1980 estableceuse coa súa familia en Erding, Baviera, onde morreu dun derramo cerebral.
A produción literaria de Gert Hofmann comeza nos anos 1960 con pezas de radioteatro e algunhas obras teatrais. A partir de 1979 publicou unha serie de relatos e novelas que o fixeron coñecido entre un público máis amplo. Nas súas obras dramáticas Hofmann aborda temas de crítica social, mentres que a súa narrativa, que foi comparada coa de Thomas Bernhard, trata de personaxes traumatizadas física ou moralmente que viven nun mundo cruel e desacougante. Os temas da represión do recordo do pasado alemá e as súas consecuencias son recorrentes na obra de Hofmann.
Membro dende 1987 da Deutschen Akademie für Sprache und Dichtung, recibiu pola súa obra o premio Ingeborg-Bachmann, o premio Alfred Doblin e o Literaturpreis der Landeshauptstadt München.
Foi pai do poeta e tradutor Michael Hofmann.
Obra
[editar | editar a fonte]Obras escollidas
- Der Bürgermeister, obra teatral, 1963.
- Der Sohn, obra teatral, 1966.
- Advokat Patelin, obra teatral, 1976.
- Die Denunziation, relato, 1979.
- Die Fistelstimme, novela, 1980.
- Fuhlrotts Vergeßlichkeit und Portrait eines uns bekannten Kopfes, dous relatos, 1981
- Gespräch über Balzacs Pferd, relatos,1981.
- Die Überflutung, radio teatro, 1981.
- Auf dem Turm, novela,1982.
- Die Rückkehr des verlorenen Jakob Michael Reinhold Lenz nach Riga, relato,1984.
- Unsere Eroberung, novela,1984.
- Der Blindensturz, relato, 1985.
- Veilchenfeld, relato, 1986
- Die Weltmaschine, relato, 1986.
- Casanova und die Figurantin, novela curta, 1987.
- Unsere Vergeßlichkeit, novela, 1987.
- Vor der Regenzeit, novela, 1988.
- Der Kinoerzähler, novela 1990 (levada ao cine en 1993).
- Tolstois Kopf, contos, München [u. a.] 1991
- Das Glück, Roman, 1992.
- Die kleine Stechardin, novela, 1994.