Gilbert Charles Bourne
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1861 |
Morte | 9 de marzo de 1933 (71 anos) |
Lugar de sepultura | Sandford-on-Thames (pt) |
High Sheriff of Herefordshire (en) | |
1920 – 1921 | |
Professor Linacre de Zoologia (pt) | |
1906 – 1921 ← Walter Frank Raphael Weldon (pt) – Edwin Stephen Goodrich (pt) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Cowarne, Much (en) |
Educación | New College (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Anatomía comparada |
Ocupación | anatomista, zoólogo, comparative anatomist (en) |
Empregador | Universidade de Oxford |
Membro de | Royal Society (1910–) |
Carreira militar | |
Rango militar | Coronel |
Deporte | remo |
Familia | |
Cónxuxe | Constance Margaret Graham Croft (1877–) |
Fillos | Robert Bourne |
Pai | Robert Bourne |
Premios | |
Descrito pola fonte | Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) |
Gilbert Charles Bourne, nado o 5 de xullo de 1861, e finado o 9 de marzo de 1933, foi un zoólogo británico.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bourne foi profesor de Zooloxía na Universidade de Oxford desde 1906 até 1921.[3]
Como zoólogo, especializouse nos cnidarios e a el débeselle a descrición da orde das escleractinias, antozoos da subclase dos hexacoraliarios.[4]
Á parte do seu traballo científico, Bourne foi un militar. Foi oficial no 4º Batallón do Rei (Infantaría Lixeira de Shropshire) desde 1882 até 1897, cando renunciou como capitán e maior honorario. Ao estalar a Segunda Guerra dos Bóers en Suráfrica a finais de 1899, volveu a entrar no batallón e foi ascendido ao grao de maior o 8 de novembro de 1899, e ao de tenente coronel honorario o 28 de febreiro de 1900.[5] servindo como segundo do batallón mentres este estaba estacionado en Irlanda. Máis tarde volveu ao servizo durante a Primeira guerra mundial.[1]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Bourne, emprégase para recoñecer a Gilbert Charles Bourne como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Royal Society - Gilbert Charles Bourne. 1861-1933". Royal Society. Consultado o 19 de agosto de 2029.
- ↑ S. J. H. (1 de decembro de 1933). "Gilbert Charles Bourne, 1861-1933". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 1 (2): 126–130. doi:10.1098/rsbm.1933.0009. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ "A History of the Department". Department of Zoology, University of Oxford. University of Oxford. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2017. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ Scleractinia Bourne, 1900 no WoRMS. Consultado o 19 de agosto de 2020.
- ↑ London Gazette nº 27169, páxina 135, 27 de febreiro de 1900.