Hexacoraliarios
Hexacoraliarios Hexacorallia Rango fósil: Fortuniano - Actialidade (540 - 0 Ma) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de hexacoraliarios na obra de Ernst Haeckel Kunstformen der Natur | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Ordes | |||||||||
| |||||||||
Sinonimia | |||||||||
|
A dos hexacoraliarios,[1] Hexacorallia, tamén coñecidos como zoantarios (Zoantharia), e unha subclase de cnidarios antozoos,[2] unha das tres en que se divide esta clase.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subclase foi descrita en 1896 polo biólogo e filósofo alemán Ernst Haeckel.[2]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a subclase coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Zoantharia Blainville, 1830
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O nome científico Hexacorallia está formado polos elementos hexa- e ´-corallia. O primeiro é un prefixo tirado do grego antigo ἕξα-, derivado de ἕξ héx, "seis", e o segundo o nominativo plural do latín corallium, -ii, "coral", aludindo á simetría destes corais.
En canto o seu sinónimo, Zoantharia, é un termo do latín científico formado pola raíz Zoanth- do nome do xénero Zoanthus, coa adición do sufixo -aria indicando plural.[4]
Ordes
[editar | editar a fonte]A sublclase subdivídese nas seguintes ordes:[2]
- Actiniaria
- Antipatharia
- Corallimorpharia
- Scleractinia (= Madreporaria)
- Zoantharia
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Un artigo xenético de 2014 estableceu a filoxenia dos Hexacorallia, que dá como o grupo basal dos antozoos aos Ceriantharia, seguidos de Actiniaria, logo un grupo que contén aos Scleractinia e Corallimorpharia e, finalmente, o grupo dos Antipatharia e, como o grupo máis recente o dos Zoantharia.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ hexacoraliarios no Dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Hexacorallia Haeckel, 1896 no WoRMS.
- ↑ Anthozoa no WoRMS.
- ↑ Zoantharia no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ E. Rodriguez; et al. (2014). "Hidden among Sea Anemones: The First Comprehensive Phylogenetic Reconstruction of the Order Actiniaria (Cnidaria, Anthozoa, Hexacorallia) Reveals a Novel Group of Hexacorals". PLOS One..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hexacoraliarios |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hexacoraliarios |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Daly, M. et. al. (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182.