Saltar ao contido

Gilberto Navarro Peidró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGilberto Navarro Peidró
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Alcoi, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Gilberto Navarro Peidró, nado en Alcoi o 27 de novembro de 1935 e finado en Granada o 31 de xaneiro de 2019, foi un futbolista español, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou como profesional no España de Tánxer, durante a tempada 1955/56 da Segunda División. Na seguinte campaña pasou ao Granada, onde tivo como adestradores aos galegos Álvaro e Pasarín. Anotou 21 goles en liga, sendo ese ano o terceiro máximo anotador da Segunda División, só por detrás de Araujo e Antonio Pedrero. Os seus goles contribuíron a que o equipo se proclamase campión e ascendese á Primeira División por segunda vez na súa historia. Xa na máxima categoría, foi titular en case todos os partidos da tempada e marcou 8 goles.

En 1958 foi traspasado ao Sevilla, nunha operación pola que Arsenio e Ramoní pasaron a ser xogadores do Granada CF, e na que entrou tamén Loren, cedido ao club granadino.[1] Co Sevilla disputou só sete encontros de liga e un da Copa do Xeneralísimo, marcando catro goles, tres deles nun triplete contra o Valladolid. Tras xogar dous anos no Mallorca, regresou na tempada 1962/63 ao Granada, de novo en Segunda, e co que marcou 9 goles en 21 partidos. Na súa última campaña como futbolista profesional (1963/64), xa só xogou catro partidos, marcando un gol.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española B, coa que disputou a Copa Mediterránea en 1958.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai de Gilberto Navarro Ortiz, tamén dianteiro de fútbol e que xogou tamén varias tempadas no Granada.

  1. "Arsenio y Ramoní, traspasados al Granada a cambio de Navarro". La Noche (en castelán). 9 de setembro de 1958. p. 14. Consultado o 1 de xuño de 2021. 
  2. "Fallece Gilberto Navarro, jugador sevillista entre 1958 y 1961" (en castelán). 4 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]