Saltar ao contido

Ramón Martínez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Martínez Pérez
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Melilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 2017 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor en Wikidata - 1962 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Granada CF
  Sevilla FC

Ramón Martínez Pérez, máis coñecido como Ramoní, nado en Melilla o 6 de febreiro de 1929 e finado o 6 de xaneiro de 2017, foi un futbolista e adestrador español que xogaba como centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Debutou na Segunda División nas filas do Atlético Tetuán, na tempada 1949/50, e esa mesma tempada fichou polo Sevilla. Militou durante oito tempadas e media no club andaluz, sumando 174 partidos oficiais e 20 goles. Foi subcampión de liga en dúas ocasións, nas tempadas 1950/51, con Campanal I no banco, e na 1956/57, adestrado por Helenio Herrera.

En 1958 foi traspasado xunto a Arsenio Iglesias ao Granada CF de Scopelli, nunha operación pola que Gilberto Navarro pasou a ser xogador do Sevilla, e na que entrou tamén Loren, cedido ao Granada.[1] Disputou 29 partidos en dúas tempadas co Granada e foi titular na única final de Copa da historia do club, en 1959, contra o FC Barcelona.

Por último xogou dous anos no CD Málaga, co que logrou o ascenso a Primeira en 1962, poñendo fin á súa carreira.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española en dúas ocasións, en 1952, disputando dous amigables contra a Arxentina e Alemaña Federal.[2] Ao ano seguinte xogou un partido coa selección española B, marcando dous goles contra Alemaña Federal.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Despois de colgar as botas foi adestrador e dirixiu a varios equipos, principalmente de Melilla e Estremadura.

  1. "Arsenio y Ramoní, traspasados al Granada a cambio de Navarro". La Noche (en castelán) (11694). 9 de setembro de 1958. p. 14. Consultado o 1 de xuño de 2021. 
  2. "El internacional melillense Ramón Martínez Pérez "Ramoní"" (en castelán). 17 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]