Giorgio Gallaro
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1948 (76 anos) Pozzallo, Italia (pt) |
Administrador apostólico | |
25 de febreiro de 2020 – 19 de febreiro de 2023 Diocese: Eparquia de Piana degli Albanesi (pt) | |
Arcebispo titular | |
25 de febreiro de 2020 – ← Carlos Briseño Arch (en) Diocese: Trecalae (en) | |
Eparch of Piana degli Albanesi (en) | |
31 de marzo de 2015 – 25 de febreiro de 2020 ← Sotìr Ferrara Diocese: Eparquia de Piana degli Albanesi (pt) | |
Datos persoais | |
Residencia | Piana degli Albanesi (pt) |
Grupo étnico | Pobo arbëreshë |
Relixión | Igrexa católica, Igrexa católica italo-albanesa, Igrexa católica greco-melquita e Igrexa católica latina |
Educación | Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Pontificio Instituto Oriental |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2015–), sacerdote católico (1972–), diácono (1971–) |
Consagración | Donato Oliverio |
Giorgio Demetrio Gallaro, nado o 16 de xaneiro de 1948 en Pozzallo (Italia), é un eclesiástico greco-católico italiano, bispo de Piana degli Albanesi dende o 31 de marzo de 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Pozzallo (Sicilia) o 16 de xaneiro de 1948.[1] Rematou os estudos de Filosofía no seminario diocesano de Noto en 1968, e os de Teoloxía no seminario de San Xoán en Camarillo (California).[1] Foi ordenado diácono en 1971, e o 27 de maio de 1972 foi ordenado sacerdote da arquidiocese dos Ánxeles, onde serviu como vigairo parroquial e catequista.[1]
En 1980 licenciouse en Teoloxía litúrxica polo Pontificio Instituto Litúrxico, e en 1981 doutorouse en Dereito canónico oriental polo Pontificio Instituto Oriental.[1]
En setembro de 1987 incardinouse na eparquía greco-melquita de Newton, logo de exercer o seu ministerio na mesma dende 1982, traballando no tribunal matrimonial, como profesor do seminario, como secretario do arcebispo e como vigairo xudicial.[1] Entre 1983 e 1990 foi tamén sacerdote visitante na comunidade grecocatólica ucraína de Manchester.[1]
En 1994 licenciouse en Teoloxía ecuménica pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e posteriormente foi profesor no Seminario Católico Bizantino dos Santos Cirilo e Metodio en Pittsburgh. Compaxinou isto co seu ministerio na arquieparquía de Pittsburgh como vigairo xudicial. Foi tamén consultor da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]
O 31 de marzo de 2015 o papa Francisco nomeouno bispo de Piana degli Albanesi.[1] Recibiu a consagración episcopal o 28 de xuño na Divina Liturxia celebrada na catedral de San Demetrio Megalomártir, de mans do bispo de Lungro Donato Oliverio, e tendo como co-consagradores ao bispo de Newton Nicholas Samra e ao exarca de Grecia Dimitrios Salachas.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Giorgio Gallaro ten escrito varios libros e numerosos artigos relacionados coas igrexas católicas orientais. Foi tamén autor de moitos artigos en SOPHIA, a publicación da eparquía de Newton, baixo diferentes pseudónimos.[1] Ademais de inglés e italiano, fala francés, castelán, latín e grego, e ten coñecementos de albanés, portugués e árabe.[1]
Artigos
[editar | editar a fonte]- Gallaro, George; Salachas, Dimitri (2010). "The Ritus Sacer and the Sacrament of Marriage in the Byzantine Churches". The Jurist: Studies in Church Law and Ministry (en inglés) (Catholic University of America) (70). ISSN 0022-6858.
- Giorgio D., Gallaro (2010). "Revisiting the saintly founder of Grottaferrata: Nilus the Calabrian". Nicolaus. Rivista di teologia ecumenico-patristica 37 (2): 293–300.
- Giorgio D., Gallaro (2011). "A Calabrian in the footsteps of the Desert Fathers: Saint Francis of Paola". Nicolaus. Rivista di teologia ecumenico-patristica 38: 219–223.
- Gallaro, George Dmitry; Vasiľ, Cyril (2013). "Remarriage in the Orthodox Church Challenges Catholic Church". Studia Canonica (en inglés) 47 (1): 119–143. ISSN 0039-310X. doi:10.2143/STC.47.1.2990738.
- Gallaro, George Dmitry (2014). "Christian oikonomìa Revisited". Studia Canonica (en inglés) 48 (1): 151–169. ISSN 0039-310X. doi:10.2143/STC.48.1.3047115.
- Gallaro, George; Lorusso, Lorenzo (2016). "Divorced and Remarried in the Eastern Orthodox Churches". Studia Canonica (en inglés) 50 (2): 485–502. ISSN 0039-310X. doi:10.2143/STC.50.2.3183450.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "Fr George Gallaro Becomes Bishop of Piana degli Albanesi in Sicily" (PDF). Sophia, The Journal of the Eparchy of Newton (en inglés) (Eparchy of Newton). Vol. 45 (3): 12. 2015. ISSN 0194-7958. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2017.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Sotìr Ferrara |
Bispo de Piana degli Albanese 2015 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
- Nados en 1948
- Nados en Sicilia
- Sacerdotes da Igrexa católica latina
- Sacerdotes da Igrexa católica greco-melquita
- Sacerdotes católicos dos Estados Unidos de América
- Bispos da Igrexa católica italo-albanesa
- Bispos católicos de Italia
- Alumnos do Pontificio Instituto Litúrxico
- Alumnos do Pontificio Instituto Oriental
- Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino
- Canonistas
- Escritores en lingua inglesa
- Escritores de literatura cristiá
- Membros da Congregación para as Igrexas Orientais