Giovanni Anselmo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1934 Borgofranco d'Ivrea, Italia (pt) |
Morte | 18 de decembro de 2023 (89 anos) Turín, Italia |
Actividade | |
Ocupación | escultor, debuxante, fotógrafo, artista conceptual, ilustrador, artista visual |
Período de actividade | (Con vida en: 1970 ) |
Movemento | Arte povera |
Representante | Galerie Micheline Szwajcer (en) , Konrad Fischer Galerie (en) e Marian Goodman Gallery (en) |
Participou en | |
19 de xuño de 1982 | Documenta 7 (pt) |
30 de xuño de 1972 | Documenta 5 (pt) |
Descrito pola fonte | Allgemeines Künstlerlexikon (pt) , (p.vol. 4 (1992), p. 205-206) |
Giovanni Anselmo, nado en Borgofranco d'Ivrea o 5 de agosto de 1934 e finado o 18 de decembro de 2023, foi un escultor italiano e un os principais representantes da arte Povera, que consiste en achegarse á natureza da materia orgánica e inorgánica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O espazo tempo no que o espectador se introduce e participa ante a obra de Anselmo non é a metáfora da sensibilidade senón a existencia real desta sensibilidade e da súa produción. A obra de Giovanni a fin de explicar as mutacións da existencia e da historia fundaméntase nesa noción da realidade na que se sitúa o home e a súa inestabilidade no medio, nas mutacións, nas perturbacións dos materiais, da enerxía e das forzas contrarias como a gravidade. De modo que rompe co concepto de representación formal a través das mutacións temporais, que son metáfora do tempo imaxinado, pasado, presente e futuro. As obras de Anselmo xorden sempre dunha relación consigo mesmo, das súas experiencias persoais e individuais, suxerindo o modo no que el se sitúa na terra. Este artista utiliza os materiais de acordo coas súas características específicas. Así utilizou o ferro como metáfora temporal porque se oxida e desaparece, e tamén do azucre, a graxa, o pan, a auga ou a leituga. Mentres que a pedra, aparece polo seu peso, por ter a mesma orixe que o home, pola súa evolución, suxerindo así unha tensión tempo-espazo. En Senza titolo de 1968 composta por leituga, granito, serraduras e cobre; a leituga cando se deshidrata co paso do tempo diminúe o volume e co paso do tempo tenda a caer nas serraduras.
Obra (escolma)
[editar | editar a fonte]- Infinito (1971)
- Specchio (1968)
- Torsione (1968)
- L'Aurea della Pittura (1996)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giovanni Anselmo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Moure, G; Anselmo, G.; Cora, B.: Giovanni Anselmo. Polígrafa, 1995
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernández Campón, M.: Sobre la espera. Un itinerario (en castelán).
- Giovanni Anselmo: Materia y monocromo Arquivado 06 de xuño de 2014 en Wayback Machine. (en castelán).