CB Sant Josep
Sant Josep Girona | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1962 |
Desaparición | 2013 |
Historia | CB Sant Josep (1962−1989) Club Bàsquet Girona (1989−2008) |
Presidente | Francesc Ferroni (último) |
Localización | |
Cidade | Xirona, España |
Pavillón | Palau Girona-Fontajau |
Capacidade | 5 049 |
Inauguración | 4 de setembro de 1993 |
Campionatos | |
EuroChallenge | 1 (1999) |
- Para o actual equipo de LEB Ouro, véxase Bàsquet Girona.
O Club Bàsquet Sant Josep foi un club profesional de baloncesto da cidade de Xirona (Cataluña). Fundado en 1962, en 1989 a entidade converteuse en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e adoptou o nome de Club Bàsquet Girona. Entre 1987 e 2008 competiu na Liga ACB. Após a finalización da temporada 2007−2008, a súa mala situación económica levou á disolución da SAD e a anunciar que o club se ía a dedicar exclusivamente á potenciación do baloncesto base.[1]
Con todo, tras unhas rápidas negociacións, e a pesar de que o prazo xa concluíra, a Federación Española de Baloncesto permitiu que o equipo se inscribise, recuperando novamente a súa denominación orixinal de Club Bàsquet Sant Josep, na LEB Bronce para a temporada 2008−2009.[2] Na temporada 2009−10 consegue praza na LEB Ouro tras comprar a praza do CB Vic. Con todo, tan só se mantén tres anos na categoría. En abril de 2013 o club anuncia a súa disolución por mor de problemas económicos.
Historia
[editar | editar a fonte]O Sant Josep foi fundado en 1962 por Ramon Sitjà. En 1987, coa ampliación da Liga ACB a 24 equipos, o club chega por vez primeira á elite do baloncesto español. Un dos requisitos para participar na máxima categoría era a conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD), proceso que culminou en 1989 en onde adoptou o nome de Club Bàsquet Girona. Na temporada 1988−89, o club queda no posto 23º e descende. Porén, compra a praza vacante que aparece na ACB após a fusión do Cacaolat Granollers e o Grupo IFA Español. Esta compra de praza supuña tamén unha praza na Copa Korać, producíndose así o debut europeo do club despois dun descenso.
Tras varios anos de loitas pola permanencia, na temporada 2005−06 chega ao club a inmobiliaria Akasbayu. Co novo patrocinador chegan ao club xogadores como Raül López, Fran Vázquez, Roberto Dueñas, Arriel McDonald, Dainius Šalenga ou Samoh Udrih. Coas novas fichaxes o club acada a 7ª posición, a cal era até o momento a súa mellor clasificación na historia. Na seguinte temporada o club suma ao seu elenco a Marc Gasol, Gregor Fučka e Bootsy Thornton. Isto leva ao club a acadar a 5ª posición en ACB e a gañar o EuroChallenge. Con todo, o 25 de xullo de 2008 o club anuncia que non pode facer fronte a unha débeda xerada de 6,5 millóns de euros e disolve a Sociedade Anónima Deportiva.
Na seguinte temporada o club adopta o seu nome orixinal, CB Sant Josep e consegue o permiso da Federación Española de Baloncesto para disputar a LEB Bronce, cuarta categoría do baloncesto español. Na seguinte temporada o club compra unha praza na LEB Ouro, segunda categoría, onde permanece tres temporadas. Na última temporada en LEB, 2012, o club anuncia que non pode facer fronte ao pago das nóminas e en 2013 anuncia a súa disolución definitiva.[3]
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Valvi Girona (1987−1998)
- Girona Gavis (1998−1999)
- Casademont Girona (1999−2005)
- Akasvayu Girona (2005−2008)
- Sant Josep Girona (2008−2010)
- Girona FC (2010−2012)
- Sant Josep Girona (2012−2013)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Nacho Biota
- Pere Capdevila
- Josep Cargol
- Quim Costa
- Roberto Dueñas
- Toni Espinosa
- Xavi Fernández
- Germán Gabriel
- Marc Gasol
- Rafael Jofresa
- Tomás Jofresa
- Pablo Laso
- Raül López
- Josep Maria Margall
- Román Montañez
- Quique Moraga
- Jordi Pardo
- Juan Rosa
- Carlos Ruf
- Víctor Sada
- Fernando San Emeterio
- Herminio San Epifanio
- Francesc Solana
- Jordi Trias
- Fran Vázquez
- Ademola Okulaja
- Federico Kammerichs
- Éric Struelens
- Dalibor Bagarić
- Gregor Fučka
- Danya Abrams
- Michael Anderson
- Wallace Bryant
- Michael Curry
- Tyrone Ellis
- Adam Keefe
- Darryl Middleton
- Terrell Myers
- Andrew Panko
- Reggie Slater
- Kevin Thompson
- Andy Toolson
- Shaun Vandiver
- Matt White
- Jimmy Wright
- Stéphane Dumas
- Dainius Šalenga
- Duško Ivanović
- Marko Kešelj
- Marko Marinović
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2007
Liga Catalá
- Campións (2): 1996, 2006
- Subcampións (1): 2007
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1983–84 | 3 | 2ª Div. | 1º | |||||||
1984–85 | 3 | 2ª Div. | 10º | |||||||
1985–86 | 3 | 2ª Div. | 5º | |||||||
1986–87 | 2 | 1ª Div. B | 12º | 16–18 | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª Div. B | 7º | 28–16 | ||||||
1988–89 | 1 | ACB | 23º | 17–27 | Oitavos de final | |||||
1989–90 | 1 | ACB | 18º | 18–21 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | 2R | 3–1 | ||
1990–91 | 1 | ACB | 9º | 20–20 | ||||||
1991–92 | 1 | ACB | 13º | 19–22 | Cuartos de final | |||||
1992–93 | 1 | ACB | 16º | 12–21 | Primeira rolda | |||||
1993–94 | 1 | ACB | 17º | 12–20 | Segunda rolda | |||||
1994–95 | 1 | ACB | 17º | 18–25 | ||||||
1995–96 | 1 | ACB | 11º | 19–19 | ||||||
1996–97 | 1 | ACB | 14º | 14–20 | ||||||
1997–98 | 1 | ACB | 12º | 14–20 | ||||||
1998–99 | 1 | ACB | 8º | 18–19 | ||||||
1999–00 | 1 | ACB | 10º | 16–18 | 3 Copa Korać | SF | 11–1–2 | |||
2000–01 | 1 | ACB | 9º | 15–19 | 3 Copa Korać | 2R | 0–2 | |||
2001–02 | 1 | ACB | 11º | 17–17 | ||||||
2002–03 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | ||||||
2003–04 | 1 | ACB | 13º | 15–19 | ||||||
2004–05 | 1 | ACB | 16º | 11–23 | ||||||
2005–06 | 1 | ACB | 7º | 19–19 | Cuartos de final | |||||
2006–07 | 1 | ACB | 5º | 22–16 | Cuartos de final | 3 EuroChallenge | 1º | 16–1 | ||
2007–08 | 1 | ACB | 8º | 22–15 | Cuartos de final | 2 Copa ULEB | 2º | 12–5 | ||
2008–09 | 4 | LEB Bronce | 12º | 13–17 | ||||||
2009–10 | 2 | LEB Ouro | 9º | 19–20 | ||||||
2010–11 | 2 | LEB Ouro | 4º | 23–19 | ||||||
2011–12 | 2 | LEB Ouro | 12º | 16–18 | ||||||
2012–13 | 4 | EBA | 10º | 15–15 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Se disuelve y quedará la base". El Diario Vasco. 26 de xullo de 2008.
- ↑ "Ilustres veteranos para o rexurdir do CB Girona". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2008. Consultado o 29 de maio de 2010.
- ↑ "El Sant Josep tanca la parada". Diari de Girona (en catalán). 2013-04-23. Consultado o 2022-03-22.