Giuseppe Baretti
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1719 Turín, Italia |
Morte | 5 de maio de 1789 (70 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | lexicógrafo, tradutor, crítico literario, dramaturgo, poeta, escritor |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Aristarco Scannabue Severo Fuggitivo |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Giuseppe Marc'Antonio Baretti, nado en Turín en 1719 e finado en Londres en 1789, foi un escritor e crítico italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos dezaseis anos traballa como empregado dunha casa comercial en Guastalla ao tempo que estuda historia e literatura baixo a guía do escritor Carlo Cantoni. A súa carreira literaria comeza coa tradución das obra de Pierre Corneille. Viaxa a Londres onde se instala traballando como secretario da Royal Academy of Painting, e fai amizade con Samuel Johnson, Garrick, Burke e Reynolds.
En 1757 publica Italian Library, un catálogo de autores e obras italianas. En Lettera famigliari recolle as súas viaxes por España, Portugal e Francia entre 1761 e 1765.