Glenn Close
Aparencia
Glenn Close, nada o 19 de marzo de 1947 en Greenwich, Connecticut, é unha actriz estadounidense de cinema, televisión e teatro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Close é coñecida polas súas interpretacións en Fatal Attraction (1987), As amizades perigosas (1988) e polo papel de Cruella de Vil en 101 Dalmatians (1996), e na súa secuela 102 Dalmatians (2000). Desde 2007 interpreta a Patty Hewes na serie Damages de FX. Foi cinco veces candidata aos Oscar, e gañou tres Tonys, un Obie, tres Emmys, dous Globos de Ouro e un Screen Actors Guild.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glenn Close |
Categorías:
- Actores de Connecticut
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Nados no condado de Fairfield, Connecticut
- Nados en 1947
- Estadounidenses de ascendencia inglesa