Glenn Miller
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Alton Glenn Miller 1 de marzo de 1904 Clarinda, Estados Unidos de América (en) |
Desaparición | 15 de decembro de 1944 , Canal da Mancha |
Morte | 15 de decembro de 1944 (40 anos) Canal da Mancha |
Causa da morte | morte accidental, accidente ou incidente de aviación |
Educación | Universidade de Colorado en Boulder |
Actividade | |
Ocupación | músico de jazz, director de orquestra, aviador, arranxador musical, líder de banda, compositor, artista discográfico |
Período de actividade | 1923 - 1944 |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz, Swing, Big Band e Blues |
Instrumento | Trombón |
Selo discográfico | Bluebird RCA Records |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Helen Dorothy Burger Miller |
Pais | Lewis Elmer Miller e Mattie Lou Cavender |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | glennmiller.org |
|
Alton Glenn Miller (1 de marzo de 1904 - 15 de decembro de 1944) foi un músico de jazz americano da época do Swing. Unha das súas cancións máis coñecidas, e probablemente a máis coñecida do xénero, foi In the Mood, traducida normalmente como En forma ou De bo humor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Nado da relación entre Elmer Miller e Mattie Lou Cavender, iniciouse na música cando o seu pai lle regalou unha mandolina, que logo cambiou por unha corneta, primeiro instrumento de vento que tocou. Nesa época a familia Miller vivía en Tryon, Nebraska. Pasou a súa infancia en Nebraska e Oklahoma ata que a familia se instalou definitivamente en Colorado, onde aos doce anos abandonou a corneta para comezar a estudar a técnica do trombón e a tocalo na banda do seu colexio. Sendo estudante universitario, Miller realizou audicións e tocaba sempre que se lle presentaba a oportunidade. Ao descoidar os seus estudos e suspender en tres dos seus seis cursos decidiu abandonar a universidade, dedicándose por completo á música.[1] Converteuse en trombón profesional e uniuse á banda do célebre batería Ben Pollack, nunha xira por California. Nesa banda o clarinete era o que sería "rei do swing" Benny Goodman.
En 1927 a orquestra chegou a Nova York e Miller decidiu deixala para tocar pola súa conta en clubs, programas de radio e espectáculos musicais, ata o ano 1932. En 1935, Ray Noble, director de orquestra británico, encargoulle organizar unha banda de swing e durante dous anos alternou a dirección da orquestra coas actuacións en pequenos locais. En 1938, tras varios intentos frustrados decidiu formar a súa propia "Big Band", sendo o seu primeiro grande éxito foi "Moonlight Serenade". Esta canción é unha das máis reproducidas de toda a historia dos Estados Unidos e está considerada como a máis representativa de Miller e como unha das máis importantes da historia musical dese país. Un contrato no casino de Glen Island en New Rochelle, en Nova York, abriulle as portas a unha carreira triunfal que se mantivo ata o final da súa vida. Ao mesmo tempo que a orquestra triunfaba nas salas de baile, a banda adquiriu unha enorme popularidade nos Estados Unidos debido á emisión das súas actuacións nun programa de radio que era transmitido de costa a costa no país, e que estaba patrocinado pola marca de cigarros "Chesterfield".
Éxito
[editar | editar a fonte]En 1937 Miller formou unha segunda banda, que conseguiu rapidamente o éxito de público, que enchía os seus concertos, e que deu lugar a unha serie de gravacións para as multinacionais discográficas RCA Victor e His Master's Voice. Dende xuño de 1938 Miller ocupou os primeiros postos de varias listaxes de música popular, e mantívose así máis dun ano. A principios de 1940 a canción "In the Mood" estivo no número un quince semanas consecutivas, e seguiuna "Tuxedo Junction", que mantivo a Miller no número un ata o verán. O 11 de febreiro de 1941, Miller obtivo o primeiro disco de ouro por "Chattanooga Choo Choo".
En 1942, durante a segunda guerra mundial, alistouse nas Forzas Aéreas, onde recibiu o rango de capitán e onde se encargou de tocar para as tropas estadounidenses desprazadas a Europa.
Falecemento
[editar | editar a fonte]Trala liberación de París a Miller encargóuselle realizar unha xira de seis semanas alí e noutras cidades europeas en poder dos aliados. Miller, que acababa de ser ascendido a maior, pasou a noite discutindo cun amigo os seus plans de formar unha banda na posguerra e logo retirarse a un terreo que comprara en California.[2]
O día seguinte, 15 de decembro de 1944, partiu nun avión monomotor dende o aeródromo de Twinwood, a 50 millas ao norte de Londres, en dirección a París. O piloto da nave tamén se dirixía á cidade, na que estaba a punto de ser sometido a unha corte marcial por acusacións de traficar no mercado negro. Os informes indican que había un terceiro pasaxeiro no voo.[3]
O avión desapareceu, mais como nunca se atoparon os cadáveres de Miller nin dos seus acompañantes, creáronse lendas que o supuñan vivo. En 1985 o investigador Clive Ward descubriu un Noorduyn Norseman, similar ao avión en que viaxou Miller preto da costa norte de Francia mais non puido verificarse a existencia de restos humanos no seu interior.
A pesar da desaparición do músico, a banda continuou as súas actividades baixo a dirección de Jerry Gray ata o 13 de novembro de 1945, cando fixo a súa última presentación ante o presidente Harry Truman, en Washington. O maior Glenn Miller foi o único membro da banda que non sobreviviu á guerra.
Discografía
[editar | editar a fonte]En 1991 a discográfica RCA puxo á venda unha colección de 13 CD con todos os temas gravados para esa firma. A compilación contaba cun total de 286 títulos.
Cinema
[editar | editar a fonte]En 1953 Anthony Mann rodou o filme biográfico "The Glenn Miller Story", en que James Stewart interpretaba a Glenn Miller.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Segunda Guerra Mundial: Glenn Miller". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2022. Consultado o 09 de xullo de 2017.
- ↑ En las redes del tiempo: Glenn Miller[Ligazón morta]
- ↑ La muerte de Glenn Miller: ¿una conspiración de asesinato?
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glenn Miller |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bennett, Tony (1998). The Good Life. Nova York: Pocket Books. ISBN 0-671-02469-8.[Ligazón morta]
- Butcher, Geoffrey (1997). Next to a Letter from Home. North Pomfret, Vt: Trafalgar Square. ISBN 0-7515-1078-5. Chattanooga Choo Choo-The Life and Times of the World Famous Glenn Miller Orchestra by Richard Grudens 2004. ISBN 1-57579-277-X}}
- Friedwald, Will (1997). Sinatra! The Song Is You. Nova York: Da Capo Press. ISBN 0-306-80742-4.
- Flower, John (1972). Moonlight Serenade: a bio-discography of the Glenn Miller Civilian Band. New Rochelle, NY: Arlington House. ISBN 0-87000-161-2.
- Miller, Glenn (1943). Glenn Miller's Method for Orchestral Arranging. Nova York: Mutual Music Society. ASIN: B0007DMEDQ
- Miller, Glenn (1927). Glenn Miller's 125 Jazz Breaks For Trombone. Chicago: Melrose Brothers Music Company.
- Miller, Glenn (1939). Feist All-Star Series of Modern Rhythm Choruses Arranged By Glenn Miller For Trombone. Nova York: Leo J. Feist, Inc.
- Simon, George Thomas (1980). Glenn Miller and His Orchestra. Nova York: Da Capo paperback. ISBN 0-306-80129-9.
- Simon, George Thomas (1971). Simon Says. Nova York: Galahad. ISBN 0-88365-001-0.
- Schuller, Gunther (1991). The Swing Era: The Development of Jazz, 1930–1945. Volume 2. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-507140-9.
- Sudhalter, Richard (1999). Lost Chords. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-514838-X.