Saltar ao contido

Gloria Fernández Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGloria Fernández Fernández
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morte1996 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGumersindo Pérez Álvarez Editar o valor en Wikidata
Fillosnon tivo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1553515 BUSC: fernandez-gloria-1913-1996

Gloria Fernández Fernández, nada en Monforte de Lemos en 1913[1] e finada en Madrid en 1996, foi unha pintora ao óleo de paisaxes, retratos e bodegóns, galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo a carreira de piano no Conservatorio de Madrid. En Madrid tamén asistiu ás clases de pintura de Manuel Gutiérrez Navas.[2]

Casou na igrexa monfortina da Régoa o 28 de outubro de 1940, con 27 anos de idade, con Gumersindo Pérez Álvarez, de 39 anos, avogado.

Obtivo un segundo premio na Exposición Provincial de Lugo de 1951. Gañou a Terceira Medalla no Salón de Outono de Madrid de 1963. Participou no Salón de Outono de Madrid de 1966, na Primeira Bienal Rexional de Arte de Pontevedra (1970) e na Primeira Bienal Nacional de Arte de Pontevedra (1971).

Nos anos sesenta foi un dos piares da intelectualidade de Monforte. Manuel Hermida Balado menciona a Gloria Fernández como unha das tres notables pintoras da provincia.[3]

Fixo exposicións individuais en Lugo (1963), A Coruña (1963), Ourense (1963), Vigo (1963, 1972 e 1976), Santiago de Compostela (1965) e Madrid (1969).[4]

É tía do pintor Roberto González Fernández, que lle organizou a exposición de homenaxe póstuma, Gloria Fernández para o recordo, en Monforte de Lemos de outubro a novembro do ano 2001.[5]

O Museo Provincial de Lugo ten máis de vinte cadros seus, institución que lle dedicou unha exposición retrospectiva do 8 de abril ao 4 de maio de 2008,[6] inaugurada por Antonio Veiga Outeiro,[7] que a definiu como «apaixonada, cargada de imaxinación e dunha desbordante personalidade que se apreixa nos seus cadros e que deixa ver unha vida interior intensa e forte».[8]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]