Saltar ao contido

Glutamato Ye-Yé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glutamato ye-ye
OrixeMadrid, España
Período1979 - 1986
Xénero(s)Pop
Selo(s) discográfico(s)Goldstein, Ariola
MembrosRamón Recio
Iñaki Fernández
Manuel "Patacho" Recio
Alberto Haro
Na rede
Deezer: 17284 Editar o valor en Wikidata

Glutamato Ye-ye foi un grupo de pop español, hoxe disolto.

Naceu en 1979 da man de Ramón Recio e Iñaki Fernández e sumáronse Manuel "Patacho" Recio e Alberto Haro. Bastante xente pasou polo grupo, sendo os membros estables Ramón Recio (letras), Iñaki Fernández (voz), Patacho (guitarra), Eugenio Haro (guitarra), Jacinto Golderos (baixo) e Carlos Durante (batería).

Tras tocar en moitos bares madrileños ficharon en 1981 por Spansuls e gravaron o seu primeiro LP. Debido a que Iñaki tivo que facer a mili, quedou nun mini-LP ("Zoraida"). Ademais Spansuls vendeu unha das cancións a Aviador Dro; o que sería o pnk-001 converteuse no dro-005. En 1982 Ramón creou o selo Goldstein, o que deu ao grupo estabilidade para tocar nos locais de moda e gravar cancións como "Comamos cereais".

Cando Pancoca, distribuidora de Goldstein, crebou, o selo desapareceu tamén, pero Glutamato Ye-ye recalaron en Ariola, unha discográfica de peso. En 1984 gravaron a que é un clásico do grupo, "Todos los negritos tienen hambre y frío". Fixéronse moi populares e venderon moitas copias, pero lles custou o seu despedimento. Ao ano gravaron "Guapamente", o que polo menos fixo que fosen propostos para Eurovisión, cantando "Alicia".

En 1986 o grupo disolveuse; en 1987 reuniuse para dar un concerto de despedida. En diante os seus membros pasaron a outros grupos ou ben actuaron en solitario. Algunhas veces reuníronse, para gravar recompilatorios ou homenaxear a compañeiros falecidos como Ramón Recio, Alberto e Eugenio Haro.