Golfo de Botnia
Tipo | Golfo ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Mar Báltico ![]() | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Afluentes | Río Dal ,Rio Öre (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Características | |||||
Profundidade | 295 m ![]() | ||||

O Golfo de Botnia (sueco; Botniska viken, finés; Pohjanlahti) é o brazo máis setentrional do Mar Báltico. O golfo atópase entre a costa occidental da Finlandia e a costa oriental de Suecia. Ao sur do golfo sitúanse as illas Åland e o seu mar.
Un dos aspectos máis característicos do golfo e que posúe unha baixa salinidade o que permite que moitos peixes de auga doce vivan nel. Posúe unhas augas moi frías e pouco profundas, chegando a conxelarse durante uns meses ao ano na zona norte do golfo. A súa superficie é de 116.300 km², ten 725 km de lonxitude, entre 80 e 240 km de ancho e unha profundidade media de 60 m, sendo o seu máximo de 295.
Entre Umeå e Vaasa o Golfo de Botnia forma a parte máis estreita.
Localidades do golfo
[editar | editar a fonte]Algunhas das localidades máis importantes que teñen costa neste golfo son:
- En Finlandia: Vaasa, Pori, Oulu e Kokkola.
- Suecia: Luleå, Umeå, Örnsköldsvik, Härnösand, Sundsvall, Gävle.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Botnia ![]() |