Saltar ao contido

Gondar, Etiopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGondar, Etiopía
Imaxe

Localización
Mapa
 12°36′N 37°28′L / 12.6, 37.47
EstadoEtiopía
RexiónsRexión de Amhara
ZonaSemien Gondar Zone (en) Traducir
WoredaGondar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación323.900 (2015) Editar o valor en Wikidata (1.547,76 hab./km²)
Xeografía
Superficie209.270.000 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.133 m Editar o valor en Wikidata
Creación1635 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Corvallis (2005–)
Rishon LeZion (2008–)
Condado de Montgomery (pt) Traducir (2012–) Editar o valor en Wikidata

Baños de Fasilides en Gondar: celebración do Timket (a Epifanía da Igrexa Ortodoxa Tewahido de Etiopía).

Gondar ou Gonder (en amhárico: ጎንደር Gōnder, antigamente ጐንደር Gʷandar, pronunciación moderna Gondar)[1] é unha cidade de Etiopía.

Foi unha antiga capital imperial de Etiopía e da provincia histórica de Begemder. Por esta razón a antiga provincia de Begemder é chamada frecuentemente Gondar.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Encóntrase situada na zona de Semien Gondar, da rexión de Amhara, ao norte do lago Tana, na beira de río Angereb, e ao suroeste das montañas Simen, a 2 133 m sobre o nivel do mar.

Ten unha superficie de 40,27 km2 e a súa poboación era de 194 773 habitantes en 2005.[2]

Segundo o censo de 1994, a poboación era naquel ano de 112 249 habitantes.

Interior da Igrexa Debre Berhan Selassie, en Gondar.
Vista da cidade desde o "hotel Goha".
Castelo de Fasilides.

Até o século XVI, os emperadores de Etiopía non vivían nunha cidade ou capital administrativa. O emperador e a súa corte vivían en tendas en campamentos reais temporais, e movíanse por todo o reino coa familia real, a garda real, os cortesáns e os servizo, dependendo para o seu abastecemento do gran das poboacións veciñas e da leña dos bosques. A única excepción foi o reinado do emperador Zara Yaqob, que fundou a cidade de Debre Berhan no ano 1456 ao ver unha luz misteriosa no ceo.

O emperador Minas, no ano 1559, foi o primeiro dos reis de Etiopía que empezou a pasar a estación das chuvias cerca do lago Tana, volvendo unha e outra vez cada temporada ao mesmo lugar, que acabou transformándose nunha cidade florecente. Os campamentos temporais tamén se desenvolvían, converténdose en pouco tempo en cidades, como Emfraz, Ayba, Gorgora e Dankaz.

Gondar foi fundada polo emperador Alam Sagad ou Fasilidas no ano 1635 (aínda que algúns autores atribúen a súa fundación ao emperador Sertse Dingil, en 1580).

Gondar desenvoilveuse como unha cidade mercado e agrícola. Había unha superstición que afirmaba naquela época que o nome da capital tiña que empezar coa sílaba 'Gʷa' (que en pronunciación moderna é 'Gʷe'; Gonder orixinalmente chamábase Gʷandar), isto tamén contribuíu ao desenvolvemento de Gorgora (fundada como Gʷargʷara), nos séculos posteriores ao XVII. A tradición tamén afirmaba que un búfalo levara ao emperador Fasilidas até un estanque cerca do que vivía un "ancián e veneráble ermitán" quen lle dixo ao emperador que debía construír a súa capital nese lugar. Fasilidas fiso que se secara o estanque e sobre el construíu o seu castelo.[3]

O emperador tamén madu construír un total de sete igrexas; as dúas primeiras, Fit Mikael e Fit Abbo, foron construídas para agradecer o final de epidemias locais. Os seguientes cinco emperadores tamén construíron os seus palacios na cidade.

No ano 1668, como resultado dun consello eclesiástico, o emperador Yohannes I ordenou que os habitantes de Gondar foran separados en dous barrios segundo a súa relixión. Isto provocou que os musulmáns se estableceran no seu propio barrio, Islamge (Ge'ez: እስላምጌ "Sitio do Islam," ou "País do Islam ") ou Islam Bet (እስላም ቤት "Casa do Islam"), nos dous anos seguintes.

Durante o século XVII, a poboación da cidade estimábase en máis de 60 000 habitantes, e era a segunda cidade máis grande do mundo por poboación.[3] No ano 1678, o bispo Hovannes de Armenia, que visitaba a cidade, dixo dela que "era dúas veces máis grande que Istambul ".[4]

Moitos dos edificios deste período aínda existen, pese a que o século XVIII foi unha época de loitas e desordes civís, e a cidade iniciou a súa decadencia.

Gondar foi a capital de Etiopía até que o emperador Teodoro II trasladou a capital imperial a Magadala (despois de despoboar a cidade pola forza, e de destruír unha gran parte das súas infraestruturas), tras ser coroado emperador en 1855. Abdallahi ibn Muhammad saqueou Gondar cando invadiu Etiopía en 1887.

A cidade desenvolveuse baixo a ocupación italiana. Durante a segunda guerra mundial as forzas Italianas repregáronse e defenderon Gondar en noveembro de 1941 despois da caída de Adís Abeba en poder do exército británico.

Gondar foi capturada en marzo de 1991 polas forzas do Frente Democrático Revolucionario do Pobo Etíope, na Operación Tewodros, ao final da Guerra Civil de Etiopía.

Importacia cultural e turística

[editar | editar a fonte]

A cidade é hoxe unha das maiores atraccións turísticas do país, xa que conta con moitas ruínas e castelos da época en que foi a capital do imperio.

Gondar é tamén un notábel centro de ensino eclesiástico da Igrexa Ortodoxa etíope.

Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]

En 1979 a cidadela de Fasil Ghebi, recinto real amurallado do século XVII desde o que os emperadores de Etiopía reinaron sobre todo o imperio, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, xunto con outros monumentos da cidade e a súa contorna. Fasil Ghebi é un exemplo único dun estilo particular de arquitectura, chamado estilo de Gondar, no que, sobre unha base local árabe intégranse influencias do estilo barroco europeo, introducido polos misioneiros portugueses, e as técnicas arquitectónicas indias da cocción do cal, achgadas polos mestres construtores chegados de Goa.

O recinto real de Fasil Ghebi está rodeado por unha muralla de 900 m de lonxitude con 12 portas e dúas pontes. No seu interior agrúpanse varios edificios históricos:

  • o castelo de Fasilides, edificio de base rectangular flanqueado nas esquinas por catro torreóns de seccción circular rematados por cupuliñas, que constitúe a obra cumio do estilo de Gondar
  • o castelo do emperador Iyasu, o edificio máis alto de Gondar, construído entre 1682 e 1706
  • a chancelaría e a biblioteca de Tzadich Yohannes, dous pavillóns anexos ao castelo de Fasilides
  • o salón de banquetes
  • a tumba do cabalo do eperador Fasilides
  • tres igrexas, entre as que destaca a capela de Santo Antonio, con belas pinturas murais
  • cortellos

Ademais de Fasil Ghebi, tamén se incluíron no Patrimonio da Humanidade:

  • a abadía de Debre Berhan Selassie, coa súa igrexa circular decorada con pinturas, a 1 200 m ao nordeste de Fasil Ghebi
  • os baños de Fasilides, un palacio de varios andares nun estanque dentro dun extenso terreo de recreo, onde anualmente se celebra a cerimonia de bendición do baño, a 1 500 m ao noroeste
  • a igrexa de Kuddus Yohannes, a 1 500 m ao oeste
  • o complexo de Qusquam, construído pola Emperatriz Mentuab no século XVIII, a 3000 m ao noroeste, que inclúe unha igrexa redonda e o palacio de Mentuab, construído entre 1730 e 1755, que recorda ao Renacemento europeo
  • o mosteiro de Mariam Ghemb, chaamado Socinios
  • o palacio de Guzara
Vista xeral de edificios medievais.
Centro da cidade.

A pesar do terremoto de 1704, da guerra civil do século XIX, da decadencia da cidade ao perder a capitalidade do imperio, e dalgunhas desafortunadas reconstrucións realizadas polos italianos durante a segunda guerra mundial, o estado de conservación dos edificios é bastante bo.

Outros puntos de interese

[editar | editar a fonte]

Tamén cabe destacar o Palacio de Ras Mikael Sehul.

A parte baixa da cidade mostra na súa arquitectura a influencia da ocupación italiana desde finais dos 30. A praza principal na que hai tendas, un cine e edificios públicos dun estilo simple italiano moderno, é claramente distintiva pese a construcións posteriores e ao abandono en que caeu.

As casas e os edificios de apartamentos nun barrio adxacente, que no seu día foron vivendas dos oficiais italianos da ocupación, tamén son un punto de interese.

A Universidade de Gondar, na que está a principal Facultade de medicina de Etiopía.

A cidade conta co aeroporto de Azezo (OACI código HAGN), IATA código GDQ).

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Gondar está irmandada con:

  1. Gondar en MusicBrain.
  2. CSA 2005 National Statistics, Table B.4.
  3. 3,0 3,1 Richard R. K. Pankhurst (1982): History of Ethiopian Towns: From the Middle Ages to the Early Nineteenth Century. Wiesbaden: Franz Steiner Verlag, p. 117.
  4. Richard R. K. Pankhurst (1982), p. 128.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • VV.AA. (2000): Patrimonio de la Humanidad vol.IV: África. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-395-8388-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]