Saltar ao contido

Gonzalo Acosta Pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo Acosta Pan
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
A Caeira, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Pontevedra
26 de febreiro de 1936 – 20 de xullo de 1936 (destitución)
← Armando Peñamaría ÁlvarezRicardo Macarrón Piudo →
Gobernador civil de Biscaia
13 de outubro de 1933 – 20 de decembro de 1933
← Emeterio MugaÁngel Velarde García (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAcción Republicana
Izquierda Republicana
Partido Republicano Radical Socialista Independiente Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
Nomes e Voces: 818

Gonzalo Acosta Pan, nado na Coruña o 31 de decembro de 1888 e finado na Caeira (Poio) o 12 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Empregado do Banco Pastor. Foi nomeado cónsul de Ecuador na Coruña en decembro de 1931.[1] Membro do Partido Republicano Radical-Socialista, foi nomeado gobernador civil de Biscaia o 13 de outubro de 1933. Despois da escisión foi candidato nas eleccións de novembro de 1933 polo Partido Radical-Socialista Independiente.[2] En 1935 foi Secretario Xeral do Consello Provincial de Izquierda Republicana da Coruña e presidiu a Agrupación Municipal do partido na cidade. Foi presidente do Casino Republicano coruñés. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 26 de febreiro de 1936.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apresado, logrou fuxir nun primeiro momento, porén, detivérono no mes de agosto na Coruña e trasladárono a Pontevedra onde foi xulgado por traizón en consello de guerra o 8 de setembro,[4] e condenado á pena de morte e multa de 1000 pesetas. Foi executado no monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.[5]

  1. La Voz de Galicia, 20-12-1931, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 8-11-1933, p. 4.
  3. Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). 
  4. El Pueblo Gallego, 9-9-1936, p. 5.
  5. El Pueblo Gallego, 13-9-1936, p. 9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]