Ricardo Macarrón Piudo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Vitoria, España |
Morte | 1973 (88/89 anos) |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, oficial |
Carreira militar | |
Rama militar | Garda Civil |
Rango militar | tenente coronel |
Ricardo Macarrón Piudo, nado en Vitoria en 1884 e finado en 1973, foi un arquitecto, militar e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Urbano Macarrón e Juana Piudo. Estudou na Academia de Infantaría. Como primeiro tenente de Infantaría, ingresou na Garda civil en 1909. Desenvolveu en paralelo a súa carreira militar dentro da Garda Civil coa de arquitecto. Como técnico do Ministerio da Gobernación estivo ligado á Dirección Xeral de Seguridade e á de Beneficencia Xeral. En 1936 era tenente coronel da Garda Civil e xefe da Comandancia de Pontevedra. Foi nomeado delegado de orde pública en Vigo polo gobernador Gonzalo Acosta Pan o 17 de xullo de 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde pública de Pontevedra e gobernador civil en agosto.[1] Cesou no cargo a finais de marzo de 1937 para ser destinado a Guipúscoa.[2] Pasou á situación de dispoñíbel gobernativo en xuño.[3] Foi dado de baixa por desafecto ao Movimiento Nacional en setembro de 1937.[4][5] Despois pasou ao Servizo de Recuperación do Patrimonio Artístico Nacional. Nos anos corenta traballou como arquitecto.
As súas obras máis coñecidas como arquitecto son o Centro de Saúde Sandoval (1928) e o Colexio del Santo Ángel para orfos da Policía Nacional en Carabanchel (1928-1936).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carolina Cenzano Godoy en 1910.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 7.
- ↑ El Progreso, 2-4-1937, p. 2.
- ↑ BOE, 18-6-1937, p. 1918.
- ↑ BOE, 22-9-1937, p. 3479-3480.
- ↑ Pensamiento Alavés, 23-9-1937, p. 4.
- ↑ El Eco de Navarra, 23-9-1910, p. 2.