Saltar ao contido

Goodbye Mr Mackenzie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goodbye Mr Mackenzie
OrixeBathgate, Escocia Escocia
Período1981 - 1996
2019 - presente
Xénero(s)rock alternativo, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Capitol, Parlophone, Radioactive, Blokshok
MembrosMartin Metcalfe
Big John Duncan
Derek Kelly
Shirley Manson
Rona Scobie
Fin Wilson
Na rede
http://blokshok.co.uk/index.html
iTunes: 286147057 Last fm: Goodbye+Mr.+Mackenzie Musicbrainz: 9a086eb9-2c26-478b-8338-582b8e4edfd4 Songkick: 212832 Discogs: 86995 Allmusic: mn0000664573 Deezer: 274227 Genius: Goodbye-mr-mackenzie Editar o valor en Wikidata

Goodbye Mr Mackenzie é unha banda escocesa de rock alternativo formada en Bathgate, preto de Edimburgo, en 1981. No momento do seu pico comercial, o grupo estaba composto por Martin Metcalfe nas voces, John Duncan na guitarra, Fin Wilson no baixo, Shirley Manson e Rona Scobie nos teclados e coros, e Derek Kelly na batería.

A banda fíxose famosa a principios dos 80 tras editar dous sinxelos independentes, e posteriormente fichou por Capitol Records. O seu primeiro álbum, Good Deeds and Dirty Rags, entrou nas listas británicas,[1] ao igual que o sinxelo "The Rattler",[2] pero a banda viuse obstaculizada polos conflitos da compañía discográfica e non logrou abrirse camiño fóra do Reino Unido.[3] O grupo separouse en 1993, facendo que Manson, Metcalfe, Wilson e Kelly formasen Angelfish para continuar na industria musical. Manson marcharía a Garbage en 1994, e Goodbye Mr Mackenzie tocou o seu derrradeiro concerto a finais de 1995.[4]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Good Deeds and Dirty Rags 1989 Capitol Records
Hammer and Tongs 1991 Radioactive Records/MCA Records
Five 1994 Blokshok Records
The Glory Hole 1996 Blokshok Records
  1. "Good Deeds and Dirty Rags". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-12-26. 
  2. "The Rattler". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-12-26. 
  3. "Goodbye Mr. Mackenzie Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-26. 
  4. "Goodbye Angelfish". Record Collector. 1 de febreiro de 1997