Saltar ao contido

Gorxias (Platón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gorxias (Platón)
Título orixinalΓοργίας
Autor/aPlatón
LinguaGrego antigo
Xénero(s)diálogo
Na rede
BNE: XX2135169
editar datos en Wikidata ]

Gorxias é un dos diálogos de Platón que corresponde a súa fase intermedia (388 a. C.-385 a. C.). Neste diálogo, Sócrates busca a verdadeira definición da retórica, tratando de determinar con precisión a esencia da retórica. A arte da persuasión era considerada necesaria para poder obter vantaxes políticas e xurídicas na Atenas clásica, e moitos retóricos promovéronse como profesores desta habilidade fundamental. Algúns, como Gorxias, eran estranxeiros atraídos por Atenas debido a súa reputación de sofisticación intelectual e cultural. No Gorxias, Sócrates sostén que a filosofía é unha arte, mentres que a retórica é un don. Para Sócrates, a maioría da retórica, na práctica era simplemente adulación. Para poder utilizar a retórica para ben, non pode existir soa; debe depender da filosofía para guiar a súa moralidade. Sócrates, polo tanto, cre que a moralidade non é inherente á retórica e que sen a filosofía, a retórica só se usa para persuadir cun beneficio persoal. Suxire que el é un dos poucos (pero non só) atenienses que practica a "verdadeira" filosofía.

Introdución

[editar | editar a fonte]

Nesta obra participan Sócrates, os seus amigos Calicles e Querefonte, o retórico Gorxias de Leontini e o seu discípulo Polo. Consta de tres diálogos, nos que Sócrates enfróntase con Gorxias, Polo e Cacicles sucesivamente.

Arte vs. Don

[editar | editar a fonte]

Sócrates e Polo debaten se a retórica pode ser considerada unha arte. Polo afirma que a retórica é unha arte, pero Sócrates continúa discutindo que non o é, que simplemente é un don.

Diálogo con Gorxias

[editar | editar a fonte]

Ante a pregunta sobre a súa profesión, Gorxias deféndese como retórico, explicando logo o que é a retórica e cal é o seu obxectivo. Para el, consiste en persuadir mediante a palabra, e por iso ensina aos seus discípulos a discutir e convencer con argumentación. Eloxia a súa arte como sublime, capaz de tratar calquera tema e de defender calquera postura, aínda que admite que debe suxeitarse á xustiza, como calquera outra actividade.

Sócrates pon a Gorxias en apuros, sinalando as súas contradicións, nun xogo de preguntas e respostas. O mesmo tempo define a retórica como unha mera práctica, rebaixando o rango de arte que lle dá o seu opoñente, e comparándoa coa actividade culinaria, algo soamente agradábel. Logo, vai máis alá, cualificándoa de fea e mala, por dirixirse ao pracer, en lugar de ao ben.

Diálogo con Polo

[editar | editar a fonte]

Con Polo, a discusión sobe de ton, xa que Sócrates non sente a mesma consideración polo novo discípulo como polo seu mestre. Polo afirma que o home inxusto pode ser feliz se pode liberarse do castigo merecido polas súas malas accións. Sócrates nega isto dicindo que o home que sabe que está obrando mal non pode ser feliz, e que aínda será máis desgraciado se non sofre un castigo xusto. Tamén di que é peor cometer unha inxustiza que sufrila, algo no que o seu interlocutor non está de acordo, e móstrase incapaz de comprendelo.

Sócrates conclúe identificando o fermoso co bo, e demostrando a inutilidade da retórica.

Diálogo con Cacicles

[editar | editar a fonte]

Calicles recoméndalle a Sócrates que deixe de filosofar e se adique a unha actividade seria, como aos negocios públicos. Sócrates enúncialle o problema da diferenza entre o ben e o pracer (ou o mal e a dor), distintos entre eles, ante o parecer do seu amigo. Despois dunha alterada discusión, Cacicles declárase cansado e abandona polo que Sócrates termina monologando. A vida debe orientarse cara ó ben. Por iso, a intervención na vida pública debe servir para mellorar aos cidadáns, cousa que non fixo ningún político grego, nin aínda aos afamados Temístocles e Pericles.

Cacicles considérase a si mesmo o único político auténtico, no sentido mencionado. Termina cunha premonición sobre o seu propio final: a posibilidade de ser acusado inxustamente ante un tribunal, reafirmándose na súa vontade de buscar o maior ben para os cidadáns, e non o seu pracer, aínda que isto o prexudique. Declárase a si mesmo crente no mito da xustiza das almas despois da morte, confiando na súa traxectoria vital rexida pola verdade e a xustiza.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]