Grândola
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Setúbal ![]() | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 14.826 (2011) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 825,94 km² ![]() | |||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1544 (Gregoriano) ![]() | |||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7570 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-grandola.pt ![]() |
Grândola é un municipio, unha vila e unha freguesía portuguesa, situada no distrito de Setúbal, na rexión do Alentejo e na subrexión do Alentejo Litoral. No ano 2006 o concello tiña 14.214 habitantes, en 2021 a poboación baixara lixeiramente a 13 827 habitantes.[1]
Limita ao norte con Alcácer do Sal, ao leste con Ferreira do Alentejo, ao sur con Santiago do Cacém, ao oeste co océano Atlántico e ao noroeste a ría do Sado sepáraa do concello de Setúbal.[2]
Xeografía política
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Poboación do concello de Grândola (1801 – 2021) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2021 |
3463 | 2528 | 7539 | 13370 | 21060 | 16042 | 13767 | 14901 | 13 827 |
Freguesías
[editar | editar a fonte]Alén da freguesía homónima de Grândola, no municipio hai outras catro freguesías:
- Grândola
- Azinheira dos Barros e São Mamede do Sádão
- Carvalhal
- Melides
- Santa Margarida da Serra
Brasón
[editar | editar a fonte]A cruz de Santiago presente no escudo de armas de Grândola simboliza a influencia histórica da Orde de Santiago, fundada no século XII.[3]
Xeografía física
[editar | editar a fonte]A zona conta co río Sado, varias ribeiras, a lagoa de Melides e praias destacadas. A topografía é principalmente plana, con algunhas serras como a de Grândola. O concello forma parte da Reserva Natural do Estuário do Sado, cunha rica biodiversidade e actividades económicas tradicionais como a pesca, a salinicultura, a resinación e a extracción da cortiza da sobreira (cortiça).[1]
Clima
[editar | editar a fonte]O seu clima mediterráneo con influenza oceánica presenta un verán seco, con temperaturas entre 23 °C e 29 °C. [1]
Grândola, Vila Morena
[editar | editar a fonte]José Afonso compuxo a canción "Grândola, Vila Morena" en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. Esta canción fíxose famosa cando foi elixida como sinal para comezar a revolución do 25 de abril en Portugal. Houbo dous sinais: o primeiro, ás 23.00 horas, foi a canción "E depois do adeus", de Paulo de Carvalho. Grândola, que foi o segundo sinal, foi emitida no programa Limite, de Rádio Renascença, ás 0:20 horas do día 25. Foi o sinal da saída das tropas de Lisboa e a confirmación de que a revolución gañaba terreo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Infopédia. "infopedia.pt". infopedia.pt - Porto Editora (en portugués). Consultado o 2025-02-12.
- ↑ "Grândola". Mapcarta (en portugués). Consultado o 2025-02-12.
- ↑ "Selo, Brasão, Bandeira e Pedras de Armas da Vila de Grândola". www.cm-grandola.pt (en portugués). Consultado o 2025-02-12.
- ↑ "E depois do adeus, Grândola, vila morena - CULTURA - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". web.archive.org. 2018-04-23. Consultado o 2025-02-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grândola ![]() |