Gran Fame irlandesa
A Gran Fame irlandesa (en irlandés An Gorta Mór ou An Drochshaol[1]) foi un período de fame, doenzas e emigración en masa entre 1845 e unha data variable entre 1849 e 1852,[2] no que a poboación de Irlanda se reduciu entre un 20 e un 25 por cento.[3] A fame provocou a morte de preto dun millón de persoas e forzou a máis doutro millón a emigrar da illa.[4][5] A causa principal da fame foi unha praga provocada polo oomiceto Phytophthora infestans, que contaminou os cultivos de pataca a grande escala[6] en toda Europa durante a década de 1840. A pesar de que atinxiu a Europa enteira, a praga afectou moitísimo a Irlanda, xa que un terzo de toda a poboación dependía unicamente da pataca para sobrevivir. Ademais, o problema foi agravado por varios factores ligados á situación política, social e económica que aínda son materia de debate na comunidade académica[7][8].
A fame foi un choque social na historia da Irlanda[9] e os seus efectos alteraron para sempre o plano demográfico, político e cultural irlandés. Chegou mesmo a ficar como parte da memoria popular,[10] sendo dende entón un dos episodios máis lembrados polos movementos nacionalistas irlandeses. A historia de Irlanda divídese xeralmente entre os períodos "pre-fame" e "pos-fame". A gran fame é tamén recordada como a maior catástrofe demográfica en Europa entre a guerra dos Trinta Anos e a primeira guerra mundial, sumando máis dun millón de mortes en Irlanda en relación ó esperado se non existira[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O termo xurdiu en títulos de múltiples obras sobre o evento, como demostra a busca no WorldCat
- ↑ Kinealy (1995), xvi–ii.
- ↑ Christine Kinealy, This Great Calamity, Gill & Macmillan (1994), ISBN 0 7171 4011 3, 357.
- ↑ 4,0 4,1 W. D. Rubinstein (2004). "Genocide: a history". 2004. Consultado o 24-3-2020.
- ↑ David Ross, Ireland: History of a Nation, New Lanark: Geddes & Grosset, 2002, p. 226. ISBN 1-84205-164-4
- ↑ Cormac Ó Gráda, Ireland's Great Famine: Interdisciplinary Perspectives, Dublin: University College Dublin Press, 2006, p. 7. ISBN 1-904558-57 6
- ↑ Cecil Woodham-Smith, The Great Hunger, Harmondsworth: Penguin, 1991, p. 19. ISBN 978-0-14-014515-1
- ↑ Christine Kinealy, This Great Calamity, Gill & Macmillan, 1994, pp. xvi–ii, 2–3. ISBN 0-7171-4011-3
- ↑ Kinealy, This Great Calamity, p. xvii.
- ↑ A fame que atinxiu a Irlanda entre 1845 e 1852 ficou como parte integrante do folclore irlandés. Kenealy, This Great Calamity, p. 342.
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |