Gran Premio de Alemaña de 1989
Nome oficial | LI German Grand Prix ![]() |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (de) LI Grosser Mobil 1 Preis von Deutschland ![]() |
Tipo | Gran Premio de Alemaña ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989 ![]() |
Distancia do evento | 45 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Hockenheimring (Hockenheim) 49°19′40″N 8°33′57″L / 49.327777777778, 8.5658333333333 ![]() |
Lonxitude | 4,574 km ![]() |
País | Alemaña ![]() |
Data | 30 de xullo de 1989 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna ![]() |
Pole position | Ayrton Senna ![]() |
Volta máis rápida | Ayrton Senna ![]() |
O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1989 (oficialmente o Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Hockenheimring o 30 de xullo de 1989. Foi a novena rolda da tempada de 1989, o 51º Gran Premio de Alemaña e o décimo terceiro que se celebrou no circuíto de Hockenheim. Disputouse sobre 45 voltas ao circuíto de sete quilómetro nunha distancia de carreira de 305 km.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Como era de esperar, os McLaren - Honda de Ayrton Senna e Alain Prost dominaron a cualificación no ultra rápido circuíto de Hockenheim, con Senna apenas a menos dun segundo máis rápido que Prost, quen era case oito décimas máis rápido que o Ferrari 640 de Nigel Mansell.
McLaren con todo tiñan os seus problemas en cualificación. Durante a sesión do venres Senna pasou sobre unha pedra que fixo un buraco considerable nos baixos do seu coche e o dano resultante requiríu un cambio completo do coche, o problema que era que o equipo só tiña tres dos novos coches con caixa de cambios transversais en Alemaña.
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira comezou con Senna na pole position e Prost xunto a el. Ao principio, Gerhard Berger no Ferrari semiautomático fixo un tremendo comezo desde o cuarto lugar, pasando a Senna, Prost e o seu compañeiro de equipo Mansell e lideraba na primeira curva con Senna, Prost e Mansell detrás. Na saída Philippe Alliot saíuse da pista de xeito espectacular cando tocouno por detrás o Minardi de Pierluigi Martini e perdeu o control do seu Lola, trompeando no céspede. Foi capaz de volver á pista pero a súa carreira só durou 20 voltas ata que o seu Lamborghini V12 sufriu unha fuga de combustible. O seu novo compañeiro de equipo, Michele Alboreto, viuse obrigado a abandonar a súa primeira carreira con Larrousse, xusto logo da 1ª curva na segunda volta despois de que o sistema eléctrico do Lamborghini fallase. Alboreto clasificouse 26º e último, só 0.016 por diante do Minardi de Luís Pérez-Sala.
O liderado de Berger duraría preto dun cuarto de volta. Senna pasou a Berger antes da primeira chicane, e Prost superouno na Ostkurve. Ao principio da segunda volta, era Senna quen lideraba diante de Prost, Berger, Mansell, Thierry Boutsen, Alessandro Nannini, Emanuele Pirro, Riccardo Patrese, e Nelson Piquet.
Os McLarens de Senna e Prost e os Ferraris de Mansell e Berger comezaron a afastarse na pista, co Benetton-Ford de Pirro e Nannini, e o Williams-Renault de Patrese apenas aguantando (Boutsen retirouse na volta 5 logo de ser tocado por Pirro na Bremsschikane 2). Na volta 14, Mansell perseguira a Berger durante dúas voltas, pero Berger tivo unha picada xusto ao achegarse á primeira chicane, e o seu Ferrari saíu voando polo aire, aterrando nunha zona de herba e cruzando a pista, evitando a Mansell e quedando parado na herba da pista.
Prost perseguiu a Senna durante 16 voltas, ata que entrou en boxes para cambiar pneumáticos, foi terriblemente lento, tardou 18 segundos, o que puxo a Mansell en segundo lugar e a Senna aínda máis lonxe. Na seguinte volta, Mansell entrou en boxes tamén para cambiar pneumáticos, a súa parada en boxes foi máis rápida que a de Prost, pero aínda así foi unha mala parada de 11 segundos, o que o deixou na cuarta posición detrás de Senna, Pirro e Prost. Entón Senna decidiu aproveitar a súa enorme vantaxe e entrou en boxes para o seu cambio de pneumáticos, a súa parada foi incluso peor que a de Prost, cunha duración de 23 segundos. Isto deixouno en segundo lugar detrás de Prost, Pirro entrara nos boxes para un cambio de pneumáticos e caeu á cuarta posición.
Pirro estrelouse contra as barreiras de espuma de poliestireno na entrada do estadio e tivo que ser trasladado ao hospital. Con Mansell tendo problemas co seu Ferrari, Senna e Prost loitaron toda a carreira, xa que ambos pilotos estaban conducindo ao límite. Empezaron a facer voltas rápidas Prost aguantaba os ataques de Senna, pero na volta 43, a caixa de cambios de Prost funcionou mal, perdeu a sexta marcha e Senna pasoulle entrando no estadio. Prost perdeu distancia nas seguintes 2 voltas e Senna liderou para lograr a súa cuarta vitoria da tempada, seguido por Prost segundo, Mansell terceiro, Patrese cuarto, Piquet quinto e Derek Warwick.
Na conferencia de prensa logo da carreira, Senna negouse a especular sobre si podería pasar Prost se o francés non perdera a sexta marcha, en lugar de afirmar que gañar logo de sufrir catro retiradas consecutivas era todo o que lle preocupaba. Pola súa banda, Prost tiña a firme crenza de que non habería ter problemas para lograr a vitoria se non tivese un problema coa caixa de cambios.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pre Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 37 | ![]() |
Onyx-Ford | 1:47.283 | — |
2 | 36 | ![]() |
Onyx-Ford | 1:47.700 | +0.417 |
3 | 30 | ![]() |
Lola-Lamborghini | 1:47.746 | +0.463 |
4 | 29 | ![]() |
Lola-Lamborghini | 1:47.919 | +0.636 |
5 | 41 | ![]() |
AGS-Ford | 1:47.920 | +0.637 |
6 | 17 | ![]() |
Osella-Ford | 1.48.301 | +1.018 |
7 | 40 | ![]() |
AGS-Ford | 1:48.558 | +1.275 |
8 | 18 | ![]() |
Osella-Ford | 1:48.564 | +1.281 |
9 | 31 | ![]() |
Coloni-Ford | 1:48.567 | +1.284 |
10 | 32 | ![]() |
Coloni-Ford | 1:48.780 | +1.457 |
11 | 33 | ![]() |
EuroBrun-Judd | 1:49.458 | +2.175 |
12 | 35 | ![]() |
Zakspeed-Yamaha | 1:49.527 | +2.244 |
13 | 34 | ![]() |
Zakspeed-Yamaha | 1:50.455 | +3.172 |
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | ![]() |
McLaren-Honda | 1:42.300 | 1:42.790 | — |
2 | 2 | ![]() |
McLaren-Honda | 1:43.306 | 1:43.295 | +0.995 |
3 | 27 | ![]() |
Ferrari | 1:44.020 | 1:44.076 | +1.720 |
4 | 28 | ![]() |
Ferrari | 1:44.467 | 1:44.509 | +2.167 |
5 | 6 | ![]() |
Williams-Renault | 1:45.062 | 1:44.511 | +2.211 |
6 | 5 | ![]() |
Williams-Renault | 1:45.520 | 1:44.702 | +2.402 |
7 | 19 | ![]() |
Benetton-Ford | 1:45.033 | 1:45.040 | +2.733 |
8 | 11 | ![]() |
Lotus-Judd | 1:47.316 | 1:45.475 | +3.175 |
9 | 20 | ![]() |
Benetton-Ford | 1:46.521 | 1:45.845 | +3.545 |
10 | 4 | ![]() |
Tyrrell-Ford | 1:47.551 | 1:46.888 | +4.588 |
11 | 26 | ![]() |
Ligier-Ford | 1:47.408 | 1:46.893 | +4.593 |
12 | 7 | ![]() |
Brabham-Judd | 1:47.216 | 1:47.796 | +4.916 |
13 | 23 | ![]() |
Minardi-Ford | 1:48.222 | 1:47.380 | +5.080 |
14 | 15 | ![]() |
March-Judd | 1:47.387 | 1:47.578 | +5.087 |
15 | 30 | ![]() |
Lola-Lamborghini | 1:47.486 | 1:47.566 | +5.186 |
16 | 8 | ![]() |
Brabham-Judd | 1:47.511 | 1:47.552 | +5.211 |
17 | 9 | ![]() |
Arrows-Ford | 1:47.756 | 1:47.533 | +5.233 |
18 | 12 | ![]() |
Lotus-Judd | 1:48.782 | 1:47.663 | +5.363 |
19 | 3 | ![]() |
Tyrrell-Ford | 1:47.836 | 1:47.676 | +5.376 |
20 | 21 | ![]() |
Dallara-Ford | 1:48.671 | 1:47.679 | +5.379 |
21 | 22 | ![]() |
Dallara-Ford | 1:47.879 | 1:48.005 | +5.579 |
22 | 16 | ![]() |
March-Judd | 1:48.239 | 1:48.078 | +5.778 |
23 | 25 | ![]() |
Ligier-Ford | 1:48.266 | 1:48.598 | +5.966 |
24 | 36 | ![]() |
Onyx-Ford | 1:49.935 | 1:48.348 | +6.048 |
25 | 10 | ![]() |
Arrows-Ford | 1:48.396 | 1:48.553 | +6.096 |
26 | 29 | ![]() |
Lola-Lamborghini | 1:48.670 | 1:48.726 | +6.370 |
27 | 24 | ![]() |
Minardi-Ford | 1:49.587 | 1:48.686 | +6.386 |
28 | 37 | ![]() |
Onyx-Ford | 1:49.252 | 1:49.004 | +6.704 |
29 | 38 | ![]() |
Rial-Ford | 1:50.679 | 1:49.767 | +7.467 |
EX | 39 | ![]() |
Rial-Ford | — | — | — |
Carreira
[editar | editar a fonte]Líderes por volta
[editar | editar a fonte]- Ayrton Senna 21 (1-19, 44-45), Alain Prost 24 (20-43)
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1989 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1989 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Hungría de 1989 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1988 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1990 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1989 German Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 January 2015. Consultado o 23 December 2015.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1989 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |